domingo, 23 de julio de 2017

1ª COPA DE ESPAÑA "JÓVENES PROMESAS"- SORT: 22-23/07/2017

Esta fin de semana celebrouse en Sort, Lleida, a “1ª Copa de España de Jóvenes Promesas”, na que compiten as pequenas promesas do slálom español. O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu con cinco pequenos deportistas, a maioría dos cales participaron tanto en C1 como en K1.
O sistema é similar ao que se usa nas competicións sénior, o sábado fixéronse dúas mangas , da que se contou a mellor de cada nena ou neno, o domingo repítese o mesmo sistema, e a clasificación final ven dada pola suma dos puntos dos postos obtidos en cada un dos dous días.
 En K1 Cadete Muller, Ariadna Pereira foi a gañadora da categoría. Alba Soutelo foi terceira en C1 Infantil-B muller e décima en K1 Infantil-B . Ainhoa Barreiro foi octava en C1 Infantil-B muller e novena en K1 Infantil-B. Samuel Castro foi segundo en C1 Infantil-B home e undécimo en K1 mentras que o seu compañeiro Sergio Martínez foi terceiro en en K1 Infantil-B home e sexto en C1.

Unha medalla de ouro, outra de prata e dúas de bronce son un inmellorable balance para a xornada.Na clasificación final por equipos, o club Deportivo Miño rematou en quinta posición.





CAMPIONATO DO MUNDO JÚNIOR E SUB-23-BRATISLAVA: 18 A 23/07/2017

Ao longo desta semana celebrouse en Bratislava, Eslovaquia, a Campionato do Mundo Júnior e Sub-23 de piragüismo na modalidade de slálom. Nela participou o deportista de Salceda e membro do Club Deportivo Miño Luís Fernández Pereira, que acudiu como un dos tres integrantes do equipo de España de canoa sub-23. 
Luís fixo a súa primeira baixada na mañá do martes, quedando vixésimo primeiro, a apenas un posto de semifinais, no mesmo día pola tarde, na segunda ronda, consegue entrar nas semifinais. 
As semifinais de C1 Home Sub-23 tiveron lugar na mañá do sábado, nas que Luís fixo unha espectacular baixada, que o fixo entrar en finais cun impresionante quinto posto. Nese mesmo día, pola tarde, os dez finalistas fixeron os seus circuítos, a baixada do teixugo foi boa rematando na sétima posición. 
 E xa como remate, na mañá do domingo, Luís formou parte do equipo español de C1 sub-23 na modalidade de patrullas, xunto con Jordi Tebé e Adriá Martí, rematando décimos. 
 Luís Fernández e Ainhoa Lameiro, tamén de Caldelas, pero do Club Penedo, que rematou décimo octava en C1 Júnior Muller, foron os dous únicos galegos que entraron nesta ocasión na selección. Con este resultado, que o colocan entre os mellores canoístas sub-23 do mundo, Luís pecha esta primeira ronda de competicións internacionais coa selección nacional. Na fin de semana do 5 e 6 de agosto, en Sabero , León, terá que facer fronte ao segundo selectivo para formar parte da selección española para a segunda ronda de competicións internacionais. 

domingo, 2 de julio de 2017

3ª COPA DO NOROESTE IBÉRICO DE SLÁLOM- SABERO: 1-2/07/2017

Esta fin de semana tivo lugar na canle de slálom de Alejico –Sabero, en León, a 3ª Copa do Noroeste Ibérico. Está competición que foi pensada para reunir aos equipos do norte de Portugal, Galicia e Castela León, converteuse nesta ocasión nun ensaio para o Campionato de España a celebrar na mesma canle dentro dun mes. Coa ausencia dos equipos portugueses, contou sen embargo con varios deportistas vascos e cataláns, que se sumaron ao evento.



Cada deportista fixo un total de catro baixadas, dúas o sábado e dúas o domingo, contando a mellor das dúas de cada xornada. A clasificación final de cada deportista fíxose coa suma dos postos obtidos en cada un dos dous días.

Os teixugos fixeron un papel inmellorable, en C1 sénior home, Brais Castro foi o gañador da proba. En K1 sénior Manuel Ochoa quedou segundo por detrás do vasco Unai Nabaskues do Atlético San Sebastián. En K1 muller sénior Andrea González e Laura Alonso foron segunda e terceira respectivamente, resultando gañadora Carmen Costa do Baix Cinca. Ariadna Pereira gañou en C1 cadete e foi segunda en K1 cadete. Samuel Castro gañou en C1 infantil e quedou terceiro en K1 infantil, nesta mesma categoría Sergio Martínez foi segundo. Por último tamén infantil, pero feminino, Alba Soutelo foi primeira en C1 e segunda en K1.

Na clasificación final por equipos o primeiro posto foi para o Piragüismo Penedo, o segundo para o Deportivo Miño Teixugos e o terceiro para o Tea de Mondariz.
Para ver tódalas fotos preme AQUÍ