sábado, 22 de diciembre de 2018

1ª COPA GALEGA- MONDARIZ: 22/12/2018

Este sábado celebrouse en Mondariz Balneario a 1ª Copa Galega de Slálom nas augas do río Tea. Organizada polo Club Tea de Mondariz, contou coa presencia do mellor do slálom Galego. 

Os Teixugos acudiron con oito deportistas, moitos dos cales fixeron dobre participación, en kaiak e canoa. 

En muller cadete Ainhoa Barreiro fixo unha moi boa competición, e foi a gañadora tanto en K1 como en C1, a súa compañeira de equipo Alba Soutelo rematou segunda en K1 e quedou fóra das finais en C1. 

En home cadete Sergio Rodríguez foi prata en K1 por detrás de Mario Otero do equipo anfitrión, o Tea; e na mesma modalidade, Alexis Segadaes acadou finais, pero non medalla, rematando quinto. En canoa Samuel Castro foi tamén segundo, por detrás de Brais Caride do Club Penedo, sendo os dous únicos canoístas cadetes que fixeron final. 

Na categoría sénior, Manuel Ochoa foi o único representante Teixugo en K1, nas clasificatorias marcou o mellor tempo da competición, cunha baixada perfecta e sen penalizacións, xa nas finais, fixo un bo percorrido, pero algo lento, rematando segundo por detrás de Axel Afonso do Tea. En C1 Luís foi o mellor tanto en clasificatorias como nas finais, acadando a medalla de ouro, Brais Castro fixo unha boa clasificatoria pero na final tivo algún fallo, que o deixou rozando medalla nun cuarto posto; Manuel Ochoa tamén foi quen de facer finais rematando quinto. 

Na clasificación final por equipos o Club Penedo foi o gañador, seguido do Tea de Mondariz e en terceiro lugar o Club Deportivo Miño-Teixugos. 

A próxima competición será a Taça Ibérica a celebrar nas augas do río Coura na aldea de Covas, Vilanova de Cerveira, organizada polo Miño-Teixugos.
Para ver mías fotos preme AQUÍ