domingo, 30 de noviembre de 2025

OS TEIXUGOS LUÍS FERNÁNDEZ, ALBA SOUTELO E EMILIO RODRÍGUEZ CAMPIÓNS GALEGOS DE SLÁLOM

     Esta fin de semana as augas do río Tea acolleron o Campionato Galego de Slálom, a última, e, máis importante, competición da Liga Galega de Slálom da tempada 2025. Máis de setenta deportistas das categorías júnior e sénior mediron forzas e intentaron facerse co título de campións galegos. 

     Luís Fernández Pereira dominou con claridade a súa modalidade, C1 sénior, gañando as clasificatorias e as finais, e proclamándose campión galego. Luís tamén se aventurou a competir en K1, onde logrou o pase a final, rematando noveno. 

    Alba Soutelo, experta en canoa, conseguiu o título de campioa galega de C1 ao impoñerse na final as súas competidoras. En K1 rematou cuarta. 

    Emilio Rodríguez, en K1 veterano, acadou a terceira das medallas de ouro dos Teixugos. 

    En K1 júnior Brais Álvarez conseguiu o pase á final, rematando en sétimo lugar. Na mesma categoría Iván Cruz foi décimo. 

     Na clasificación final por equipos, a pesares dos bos resultados, o Club Deportivo Miño-Teixugos rematou cuarto, quedando sen podio, por mor do reducido equipo participante. 


 









sábado, 15 de noviembre de 2025

O TEIXUGO LUÍS FERNÁNDEZ GALARDONADO CO PREMIO AO MELLOR DEPORTISTA MASCULINO NA GALA DO DEPORTE DE SALCEDA

 

    Este venres pola noite, o Concello de Salceda de Caselas, celebrou a súa II Gala do Deporte. O salcedán Luís Fernández Pereira recibiu o galardón ao mellor deportista masculino. 

     Luís é un deportista que leva dende a infancia practicando o piragüismo na modalidade de slálom en canoa, dende fai anos milita no Club Deportivo Miño-Teixugos. Leva dende o ano 2014 sendo membro habitual do equipo nacional de slálom en C1. O seu mellor resultado acadouno no ano 2019 cunha medalla de prata no Campionato do Mundo. 

    Este ano leva varios podios nas copas de España e foi prata no Campionato español. Luís combina os seus adestramentos con traballos técnicos para a Federación Galega de Piragüismo. 

    Na próxima tempada seguirá loitando por acadar praza no equipo nacional e manterse na elite do slálom español.