Conducida por Terio Carrera e amenizada co humor de Pepo Suevos, na noite de onte tivo lugar no Auditorio de Goián a entrega de premios ao deporte tomiñés na III Gala do Deporte. O Club Deportivo Miño-Teixugos alí estivo con todos os seus rematando a xornada con dous premios no seu haber . O primeiro premio que lle foi concedido recaeu sobre Alba Soutelo co Premio a Deportista Feminina con Maior Proxección, premio ao que era tamén candidata Ainhoa Barreiro xunto con varias deportistas máis de outras especialidades.
O segundo e último premio da noite para os Teixugos foi ao de Mellor Club ou Escola de Base de Tomiño.
Houbo ademais dúas candidaturas máis que ao final non se fixeron co premio, Pablo Pousa e Emilio Rodríguez ao mellor adestrador e Manuel Ochoa ao mellor deportista.
O presidente Pablo Pousa recollendo o premio ao mellor Club de Base
Alba Soutelo co seu premio á Deportista con Maior Proxección
Esta fin de semana tivo lugar en Covas, Vila
Nova de Cerveira, a VIII Taça Ibérica de Slálom, un evento que medra ano a ano
e que revoluciona esta pequena aldea cerveirense. Ao longo de dous días máis de
100 deportistas galegos, portugueses e leoneses mostraron as súas destrezas nas
augas do río Coura.
Na tarde do sábado tivo lugar a proba
clasificatoria con máis de 150 embarcacións , na que os participantesnos obsequiaron cunhas baixadas
espectaculares. O nivel dalgúns dos deportistas foi moi alto o que fixo que
moitos se quedaran fóra das finais, a pesar de obter unhas moi boas posicións,
ao marcar estes o tempo de corte. Tal foi o caso de Marina Ruedas e Laura
Alonso que a pesar de rematar terceira e quinta en K1 sénior feminino non
entraron nas finais.
Ao longo da mañá do domingo disputáronse as
finais nas que destacaron as actuacións do canoísta olímpico José Carvalho, do
ADA de Amarante, gañador en C1 sénior e que marcou o mellor tempo da xornada e
a do segundo mellor tempo marcado por o tamén portugués Iván Silva do ABC de
Amarante en K1 sénior.
Os Teixugos, un dos organizadores de este
evento, acudiu con doce deportistas a medir forzas nas augas bravas do Coura.
Sergio Martínez fíxose con dúas pratas en K1 e C1 infantil. O seu compañeiro
Samuel Catro foi ouro en C1 infantil e rematou cuarto en K1. Marco Patiño foi
sexto en K1 júnior. Na categoría K1 sénior Brais Castro foi sétimo, Emilio
Rodríguez décimo e Guillermo Pereira décimo quinto. En C1 sénior Brais acadou a
quinta praza. Aihoa Barreiro foi prata en K1 e C1 infantil e na mesma categoría
Alba Soutelo bronce en K1 e ouro en C1. Ariadana Pereira fíxose co bronce en K1
cadete.
Por equipos o gañador foi o ABC con 270
puntos, seguidos do C.P. Penedo de Caldelas con 251 e o Tea de Mondariz con 247.
Os Club Deportivo Miño rematou cuarto con 223puntos.
Espectáculo
puro foi o que deron as principais figuras do piragüismo de augas bravas do panorama
nacional esta fin de semana en Mondariz coa celebración da primeira das
competicións da Liga Española de Slálom. Máis de 150 deportistas acudiron a cita nas
augas do río Tea. Este ano as competicións teñen lugar en dúas xornadas, con
clasificatorias e finais en ámbolos dous días, resultando as clasificacións da
suma de puntos obtidos nos dous días.
O Club
Deportivo Miño-Teixugos participou con doce dos seus integrantes.
En K1 sénior feminino, Andrea González foi a mellor galega no décimo
terceiro lugar, Marina Ruedas e Laura Soutelo remataron décimo oitava e décimo
novenas respectivamente; nesta categoría resultou gañadora a campioa olímpica
Maialen Chorrault, invencible coma sempre.
En K1 Júnior
Feminino Laura Vaquero rematou no quinto lugar. Ariadna Pereira tivo
participación dobre, en C1 e K1 Cadete feminino, rematando quinta nas dúas
modalidades.
En C1 Sénior Luís Fernández obtivo o mellor resultado
para o piragüismo galego ao facersecoa
medalla de prata, solo superado polo olímpico Ander Elosegui. O sábado Luís
entrou en finais e rematou terceiro, o domingo fixo tamén finais e nunha
espectacular baixada rematou segundo. A suma de puntos e tempos valeulle a
medalla de prata na categoría reina masculina. Brais Castro tamén entrou nas
dúas finais, rematando sétimo, un moi bo posto tendo en conta que é o seu
primeiro ano como sénior.Nesta mesma categoría
Alejandro Ochoa, quedou décimo sexto.
A segunda medalla foi para Emilio Rodríguez en K1 Veterano.
O segundo posto do sábado e o primeiro de domingo, fixeron que no cómputo final
de puntos Emilio se alzara coa medalla de ouro.
En K1 sénior Manuel Ochoa, tamén no seu primeiro ano
na categoría máxima, non tivo moita fortuna pois quedou as portas de finais nos
dous días, rematando finalmente décimo. Na mesma categoría Alejandro Ochoa e
Guillermo Martínez acabaron nos postos trixésimo segundo e trixésimo terceiro.
Pechou a participación dos Teixugos Marco Patiño en K1
Júnior cunha vixésima posición.
Na clasificación final por equipos o Atlético San
Sebastián foi o gañador, seguido polo Cadíe o Santiagotarrak .O Deportivo Miño acadou o sexto lugar.
Para ver tódalas fotos preme nunha imaxe e na outra.