domingo, 8 de febrero de 2015

ANDREA GONZÁLEZ GAÑA O XXI SLÁLOM INTERNACIONAL DE FRIDÂO

Este domingo celebrouse na localidade portuguesa de Fridaô o XXI Slálom Internacional . O club Deportivo Miño acudiu con algún dos seus deportistas a esta cita habitual. Aínda que a proba non é puntuable para o circuíto galego, cada ano os Teixugos acoden a Fridaô como preparación para a xa inminente Liga de Slálom, tanto nacional como autonómica. Esta é unha proba difícil, pois compítese en categoría única. Todos os Teixugos entraron en finais, excepto Santiago e Adrián, que por un erro na inscrición quedaron fóra. Nas finais, Andrea González Ucha acadou unha merecida primeira posición na categoría K1 feminina. Sendo a nosa palista mellor clasificada. Nesa mesma categoría Marina Ruedas, Laura Alonso e Laura Soutelo quedaron en 4ª, 5ª e 6ª posición respectivamente. En k1 masculino Manuel Ochoa rematou 4º e Brais Castro 7º, mentres que en C1 masculino Brais Castro acadou o 5º posto. O días 28 de febreiro e 1 de marzo dará comezo o tempada nacional coa 1ª proba do Campionato de España que se celebrará na Seu D´Urgell en LLeida onde esperamos que os Teixugos fagan un bo papel na complicadísima Canle Olímpica desta cidade.