domingo, 19 de septiembre de 2010

DUMBRÍA, CAMPIONATO GALEGO DE SLALOM

Este domingo celebrouse na localidade coruñesa de Dumbría o Campionato Galego de Slalom ao que o club tomiñés levou oito piragüistas que participaron nas modalidades de C1, K1, C2 e patrullas. A xornada tivo lugar co xa habitual ambiente de deportividade e compañeirismo entre os membros dos distintos clubs galegos.


Ao final da xornada os teixugos fixéronse con dúas medallas de prata: Pablo Pousa en K1 Veterano e Guillermo Pereira en K1 Xuvenil; e tres de bronce: Nicolás Ruedas en K1 Senior, Miguel Valcárcel en C1 Cadete e Alejandro Ochoa en C1 Xuvenil. Na modalidade de patrullas K1 o equipo formado por Pablo Pousa, Nicolás Ruedas e Guillermo Pereira acabou segundo ao igual que o equipo de patrullas C1 formado por Emilio Carrera, Antón González e Alejandro Ochoa, sumando así seis medallas de prata máis para o club.


Na clasificación final por equipos quedou primeiro o Tea de Mondariz, segido do Quixós de Monforte de Lemos e en terceiro lugar os Teixugos.


Para ver as fotos da xornada premer AQUÍ.