domingo, 22 de abril de 2018

II COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM, CORDEIRO: 22/04/2018

Este domingo celebrouse nas augas do río Tea, no lugar de Cordeiro en Salvaterra a segunda competición da liga galega de Promoción de Slálom coa participación dos máis pequenos dos clubs galegos. Algo máis de medio cento de pequenos padexeiros acudiron a cita. O Club Deportivo Miño acudiu ao evento con nove piragüistas, a maioría dos cales tiveron dobre participación ao baixar en kaiak e canoa. Os Teixugos remataron a xornada con oito podios.
 En K1 Home Infantil Sergio Rodriguez foi o gañador da proba, Alexis Segadaes subiu tamén ao podio co seu terceiro lugar, Samuel Castro rematou quinto e Mateo Rivas undécimo.
En C1 Infantil o gañador foi Samuel Castro e o seu compañeiro Sergio foi segundo.
 Na categoría Alevín masculino Adrián LLuch rematou sexto en kaiak e oitavo en canoa.
Os nosos representantes máis novos, Sergio Álvarez e Javier LLuch, remataron cuarto e quinto, respectivamente, na categoría benxamín masculina.
En categoría feminina os Teixugos solo contaron con participación na categoría Infantil, copando as dúas deportistas os podios de kaiak e canoa. En K1 Ainhoa Barreiro foi a gañadora e Alba Soutelo segunda, e en C1 a gañadora foi Alba, seguida por Ainhoa.
No resultado final por clubs o Deportivo Miño volveu gañar cun total de 196 puntos, compartindo podio co Penedo Importa de Caldelas con 149, e o Montaña Quixos de Monforte con 120.
A vindeira cita dos Teixugos co slálom será esta semana na Seu D´Urgell, onde Luís Fernández e Brais Castro en canoa e Manuel Ochoa en kaiak , intentarán superar os selectivos para formar parte do equipo español de slálom sénior e Sub-23.




domingo, 15 de abril de 2018

COPA DAVID CASTRO, LIGA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM, TOMIÑO: 15/04/2018

Despois do seu aprazamento por causas meteorolóxicas, por fin este domingo celebrouse no río da Pedra en Tomiño a Copa David Castro de Slálom, correspondente a Liga Galega de Promoción de Slálom. Os máis pequenos de cada club acudiron a esta cita, dando o mellor de si mesmos. 
O balance final para o club Deportivo Miño, non poido ser mellor, con nove medallas para s seus deportistas. 
Ainhoa Barreiro gañou en K1 e foi segunda en C1 na categoría Infantil, a súa compañeira de equipo e categoría, Alba Soutelo foi a mellor en C1 e segunda en K1. 
En K1 benxamin, Javier Luch acadou o bronce, o seu compañeiro Sergio Álvarez foi cuarto e Pedro Lomba sexto, nesta categoría o gañador foi o representante do Club Tea de Mondariz Pablo Alfaya. 
En K1 alevín, o gañador foi Valentín Varela do Penedo Importa, e o teixugo Adrián Lluch rematou sexto. Na mesma categoría pero na modalidade C1, Adrián rematou cuarto, sendo o gañador Aarón González do Penedo. 
E finalmente na categoría Infantil masculina, na modalidade K1,  Sergio Rodríguez foi o gañador da proba, Samuel Castro rematou segundo, Alexis Segadaes cuarto e Mateo Álvarez sexto. En canoa, Samuel Castro foi primeiro e Sergio Rodríguez segundo.
A próxima cita co slálom será o vindeiro domingo en Salvaterra, coa II Copa Galaico Portuguesa de Promoción de Slálom.
Para ver máis fotos preme AQUÍ.