domingo, 18 de mayo de 2025

MANU OCHOA NO CAMPIONATO DE EUROPA DE CAIAC CROSS

    Este domingo, o teixugo Manuel Ochoa, regresou a canle de Vaires sur Marne, sede dos xogos olímpicos de París, para disputar o Campionato Europeo de Caiac Cross. A Federación Internacional de Piragüismo cambiou o sistema de competición desta espectacular modalidade, facendo dobre competición, por un lado a contra reloxo que agora pasa a ser caiac cross individual e por outro os enfrontamentos. 

    Manu Ochoa comezou con moi bo pé a proba individual onde quedou cuarto a cinco centésimas de acadar o bronce e a medio segundo do primeiro clasificado. Con este gran tempo pasou aos octavos de final dos enfrontamentos en moi boa posición. Superou octavos con algunhas complicacións. En cuartos de final, comezou con mal pé, na metade do circuíto logrou poñerse segundo, pero un fallo nunha das portas, obrigouno a remontar, entrando último e quedando fóra de semifinais. Rematou esta segunda competición nun destacado décimo terceiro lugar. 

    Non é un mal comezo para Ochoa nesta estrea da tempada internacional oficial co equipo español, a súa seguinte cita será o 8 de xuño na primeira copa do mundo na Seu d´Urdell. 


 





 

domingo, 4 de mayo de 2025

SETE MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA COPA GALEGA DE NOVAS PROMESAS DE SLÁLOM

    Nova competición esta fin de semana correspondente a Liga Galega De Novas Promesas de Slálom, nesta ocasión unha Copa Galega. Recordar que a Liga Galega de Slálom consta de tres niveis, o de promoción para os máis pequenos, a de novas promesas coas categorías infantil e cadete e a liga oficial ou profesional coas categorías sénior e júnior.

     Este domingo o torneo foi en Dumbría, nas augas do río Xallas, a onde o Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu cunha representación de once deportistas. 


 

    Na categoría Infantil Feminina, en C1 muller Infantil Nerea Álvarez gañou a proba e Leila Álvarez fíxose coa prata. En K1 podio de teixugas co ouro para Rita Olveira, prata para Leila Álvarez e bronce para Nerea Álvarez; Catalina Sánchez rematou cuarta e Beatriz Sánchez sexta.

     En K1 Infantil Masculino, Lois Montenegro conseguiu o bronce, Izan Vicente foi sexto, Alejandro Barreiro octavo e Leo Álvarez duodécimo. 

    En K1 cadete masculino, bronce para Brais Álvarez e quinto lugar para Iván Cruz. 

    Sete medallas para os teixugos, dúas de ouro, dúas de prata e tres de bronce; pero o máis importante é que participar nestas actividades permítelles a nenas e nenos gozar do deporte nunhas idades en que a actividade física é moi importante, viaxar e coñecer novos lugares, e, facer novos amigos. 

     Na clasificación final por clubs, o Deportivo Miño-Teixugos, rematou terceiro, por detrás do Tea de Mondariz, que gañou a proba, e do Montaña Quixós de Monforte.