lunes, 29 de septiembre de 2025

O TEIXUGO MANU OCHOA SÉTIMO NA INDIVIDUAL DE CAIAC CROSS DO MUNDIAL

 

    Ao longo desta semana celébrase en Sydney, Australia o Campionato do Mundo de Slálom, a máis importante das competicións deste deporte. Comezou este mundial coas individuais de caiac cross, na que setenta e catro deportistas de corenta países diferentes intentaron facer a baixada máis rápida para conseguir un bo posto nos enfrontamentos que se celebraran o domingo. 

    O Teixugo Manu Ochoa xa leva unhas semanas en Sydney adestrando e preparándose para este acontecemento. Comezou con bo pé, no primeiro tramo do circuíto fixo o mellor tempo da competición, pero o segundo e terceiro tramo foron algo máis lentos, rematando finalmente en sétimo lugar, a dous segundos e medio do primeiro clasificado, o seu compañeiro de equipo, o segoviano David Llorente. 

    Este sétimo lugar dálle opción a encabezar e escoller posto de saída na súa serie o domingo, cando se celebrarán os enfrontamentos de caiac cross. Tamén o sitúan entre a elite do caiac cross, ao quedar entres os dez primeiros do ranking do mundo da modalidade. 


 

domingo, 21 de septiembre de 2025

CATRO TEIXUGOS CAMPIÓNS GALEGOS DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM

    Este domingo celebrouse en Mondariz Balneario o Campionato Galego de Promoción de Slálom, co ambiente de deportividade e convivencia que caracteriza este deporte. Os deportistas máis novos da nosa comunidade acudiron para disputar a máis importante das competicións da Liga Galega. O Club Deportivo Miño-Teixugos levou a doce deportistas a este gran evento. 

    Roque Olveira en C1 e K1 alevín, Nerea Álvarez en C1 infantil e Leila Álvarez en K1 infantil, proclamáronse campión e campioas galegas das súas categorías. 

    En C1 infantil feminino, acompañaron a Nerea no podio Leila Álvarez que conseguiu a medalla de prata e Catalina Sánchez que foi bronce, Beatriz Sánchez rematou cuarta. En K1 infantil feminino Leila foi a gañadora, Nerea Álvarez rematou segunda, Rita Olveira cuarta, Catalina sexta e Beatriz sétima. 

    En K1 infantil, Lois Montenegro, conseguiu a medalla de bronce, Izan Vicente foi cuarto e Leo Álvarez undécimo. En C1 infantil masculino, Lois rematou sexto. 

    Na categoría alevín Roque Olveira foi campión en C1 e K1. Izán Vicente tamén subiu ao podio ao rematar terceiro en K1. 

     Na categoría K1 benxamín Brais Vicente conseguiu a medalla de prata a décimas de segundo do primeiro clasificado. Tamén en benxamín, pero feminino, Iria Álvarez rematou segunda, acadando tamén unha medalla de prata. 

     Impresiona o balance final para os Teixugos deste Campionato Galego de Promoción, con catro campións e catro subcampións galegos das súas categorías. 

     Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño rematou segundo con 232 puntos por detrás do Piragüismo Dumbría con 245, compartiron podio co Tea de Mondariz que foi terceiro con 185 puntos.


 








domingo, 7 de septiembre de 2025

O TEIXUGO MANUEL OCHOA REMATA SEXTO NA CLASIFICACIÓN XERAL DAS COPAS DO MUNDO

    Este semana, do 4 ao 7 de setembro, na cidade xermana de Augsburg celebrouse a última das Copas do Mundo de Slálom. As Copas do Mundo son varias competicións que conforman unha liga na que se suman os puntos de cada unha, a mellor posición máis puntos, esta última puntuaba o dobre cas demais. O domingo 7 foi o día para as probas de caiac cross. 

    O teixugo Manu Ochoa forma parte do equipo nacional de slálom na modalidade de caiac cross. Empezou, o a súa participación coa xa habitual proba de contra reloxo que determina o pase e posición aos octavos de final. O tomiñés fixo unha gran baixada, cun tempo so a altura dos mellores, rematando cuarto, a menos dun segundo do primeiro clasificado. En octavos de final, na fase de loitas, tivo unha saída complicada, pero finalmente foi quen de remontar e entrar segundo, pasando de ronda. En cuartos de final, a sorte xa non estivo do seu lado, entrando cuarto e quedando décimo terceiro na clasificación xeral. 

    Na clasificación das Copas do Mundo, suma dos resultados das cinco celebradas, Manu rematou cuarto nas probas contra reloxo e sexto nas de loitas, o que o confirman entre os dez mellores do mundo deste deporte. 

    Nos próximos días, Ochoa, porá rumbo a Penrith, Australia, para preparar o Campionato do Mundo a celebrar do 29 de setembro ao 4 de outubro, co que rematará esta tempada 2025. 




 



 



OS TEIXUGOS GAÑADORES DA IV COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLALOM

     Este sábado, en Dumbría, as augas do río Xallas acolleron a cuarta competición das Copas Galegas de Promoción do Slálom. O club Deportivo Miño acudiu cun gran equipo formado por once deportistas, moitos dos cales repetiron participación ao competir en caiac e canoa. 

    En C1 Infantil feminino o podio estivo dominado polas teixugas, ouro para Leila Álvarez, prata para Nerea Álvarez, bronce para Catalina Sánchez e cuarto posto para Beatriz Sánchez. En K1 Infantil feminino repítese podio teixugo, Leila conseguiu o seu segundo ouro, Rita Olveira a prata, Nerea o bronce, Catalina cuarta e Beatriz quinta. 

    En C1 infantil masculino Lois Montenegro rematou cuarto. En K1 infantil masculino Lois conseguiu a medalla de bronce, Izan Vicente foi sexto e Leo Álvarez sétimo. 

    Na categoría alevín masculino, Roque Olveira acadou o ouro tanto en caiac como en canoa, dominando na categoría con moita claridade. 

    Na categoría benxamín solo se baixa en K1, Iria Álvarez e Brais Vicente conseguiron a prata nas categorías feminina e masculina respectivamente. 

    Catro medallas de ouro, catro de prata e tres de bronces son un balance impresionante para o club, pero o máis importante é que ao longo dun día nenos e nenas de toda Galicia viviron unha xornada de deporte, deportividade, superación, amizade e convivencia. 

    Na clasificación xeral por clubs o Deportivo Miño-Teixugos foi o gañador da proba cun total de 295 puntos, compartindo podio co Penedo-Te Importa de Tui que foi segundo con 192 puntos e o Montaña Quixós de Monforte que con 179 puntos, foi terceiro.