Este domingo celebrouse en Mondariz Balneario o Campionato Galego de Promoción de Slálom, co ambiente de deportividade e convivencia que caracteriza este deporte. Os deportistas máis novos da nosa comunidade acudiron para disputar a máis importante das competicións da Liga Galega. O Club Deportivo Miño-Teixugos levou a doce deportistas a este gran evento.
Roque Olveira en C1 e K1 alevín, Nerea Álvarez en C1 infantil e Leila Álvarez en K1 infantil, proclamáronse campión e campioas galegas das súas categorías.
En C1 infantil feminino, acompañaron a Nerea no podio Leila Álvarez que conseguiu a medalla de prata e Catalina Sánchez que foi bronce, Beatriz Sánchez rematou cuarta. En K1 infantil feminino Leila foi a gañadora, Nerea Álvarez rematou segunda, Rita Olveira cuarta, Catalina sexta e Beatriz sétima.
En K1 infantil, Lois Montenegro, conseguiu a medalla de bronce, Izan Vicente foi cuarto e Leo Álvarez undécimo. En C1 infantil masculino, Lois rematou sexto.
Na categoría alevín Roque Olveira foi campión en C1 e K1. Izán Vicente tamén subiu ao podio ao rematar terceiro en K1.
Na categoría K1 benxamín Brais Vicente conseguiu a medalla de prata a décimas de segundo do primeiro clasificado. Tamén en benxamín, pero feminino, Iria Álvarez rematou segunda, acadando tamén unha medalla de prata.
Impresiona o balance final para os Teixugos deste Campionato Galego de Promoción, con catro campións e catro subcampións galegos das súas categorías.
Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño rematou segundo con 232 puntos por detrás do Piragüismo Dumbría con 245, compartiron podio co Tea de Mondariz que foi terceiro con 185 puntos.

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario