lunes, 29 de junio de 2026

CATRO TEIXUGOS NAS FINAIS DA 2ª COPA DE ESPAÑA DE “JÓVENES PROMESAS” DE SLÁLOM

    Esta fin de semana celebrouse en Sort a 2ª Copa de España de “Jóvenes Promesas” de slálom. Máis de 250 dorsais das categorías Infantil e cadete tomaron a saída no circuíto do río Noguera Pallaresa. Nenas e nenos de toda España déronse cita para competir e practicar o seu deporte favorito. 

    O Club Deportivo Miño-Teixugos levou a dez dos seus pequenos deportistas ao evento. Todos eles intentaron dar o mellor de si mesmos na súa loita coas augas bravas da canle de Sort. O sábado tiveron lugar as clasificatorias, os doce mellores de cada serie pasaron a finais que se disputaron o domingo.


 

 Na categoría cadete feminina Nerea Álvarez conseguiu meterse na finais de caiac e canoa, rematou sétima en C1 e undécima en K1. Leila Álvarez tamén fixo finais en k1 onde rematou duodécima, en C1 rematou décimo cuarta. Beatriz Sánchez rematou décimo sétima en C1 e décimo novena en K1 e Catalina Sánchez décimo oitava en canoa e décimo sétima en caiac. 

    En cadete masculino ningún teixugo chegou a finais. Iván Cruz rematou trixésimo primeiro en C1 e cuadraxésimo quinto en K1. Izan Vicente, Leo Álvarez e e Alejandro Barreiro solo participaron en K1 rematando trixésimo terceiro, cuadraxésimo primeiro e cuadraxésimo cuarto, respectivamente. 

    En Infantil A masculino Lois Montenegro conseguiu pase a finais tanto en C1 como en K1, rematando finalmente en sexto lugar en canoa e cuarto en caiac, moi preto dos postos de medalla. 

    En Infantil A feminino Rita Olveira clasificouse para finais nas dúas modalidades, rematando quinta en canoa e sexta en caiac. Xornadas para a convivencia e a aprendizaxe, coa participación de moitos clubs novos que dan fe do bo momento e do gran futuro do slálom. 

Fotos de Norbert Aguilera 

















 

domingo, 14 de junio de 2026

OURO PARA MANUEL OCHOA NA INDIVIDUAL DE CAIAC CROSS NA III COPA DO MUNDO DE SLÁLOM

    Do 12 ao 14 de xuño a cidade de Augsburg en Alemaña acolleu a terceira Copa do Mundo de Slálom. Venres caiac, sábado canoa e domingo caiac cross. Os mellores deportistas do mundo de cada modalidade acudiron ao evento. O tomiñés Manuel Ochoa do Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu como integrante do equipo español, concretamente en caiac cross. 

     A competición desta modalidade comeza cunha proba individual na que os deportistas compiten contra reloxo. Manu fixo unha baixada espectacular, e, cun tempo de 65,05 segundos, proclamouse gañador da proba. Nas súas declaracións, Manuel afirmou que tivo unha saída mala, polo que fixo a baixada sen arriscar moito, para garantir un posto nas contendas, e que foi unha sorpresa para el na meta atoparse co mellor tempo. Medalla de ouro para Manu nesta competición que o levou ao máis alto do podio internacional. . 

    Nas contendas a sorte non estivo de parte do de Tomiño, pois na súa serie coincidiron catro grandes expertos da modalidade, entre eles o campión olímpico. A saída foi caótica, e con varias remontadas a piques estivo de conseguir pase a cuartos, tendo os xuíces que recorrer a foto finish, na que finalmente resultou gañador o italiano Ferrazi, entrando Manu terceiro. Na clasificación final rematou décimo sétimo.

     A próxima competición será o Campionato do Mundo en Oklahoma, a máis importante da tempada, e que ademais puntuará para as prazas dos xogos olímpicos de 2028. 


 

domingo, 7 de junio de 2026

MANU OCHOA DÉCIMO NA II COPA DO MUNDO DE SLÁLOM

    O equipo español de slálom viaxou a Praga para disputar a 2ª Copa do Mundo de Slálom. Entre os integrantes deste equipo atopábase o tomiñés Manuel Ochoa do Club Deportivo Miño-Teixugos. Do 5 ao 7 de xuño atletas de máis de 40 países loitaron por acadar os mellores resultados na canle de Troja en Praga. 

    A quenda de Ochoa foi o domingo cando se disputaron as probas de caiac cross, comezando coma sempre coa contra reloxo. Setenta embarcacións intentaron conseguir unha das trinta e dúas prazas dos enfrontamentos. Manu comezou ben o seu percorrido, pero foi máis lento na parte final e rematou finalmente vixésimo terceiro. Con este posto entrou en clasificatorias pero nun mal posto de saída na rampa, aínda así gañou a súa serie por diante dos suízos Rohrer e Fehlmann e o británico Leaver. En cuartos de final rematou terceiro, por detrás do suízo Rohrer e o checo Krejci e por diante do británico Clark, quedando fóra das semifinais. Rematou a competición en décimo lugar, que non é un mal comezo da súa tempada internacional. 

    A semana que vén o teixugo terá nova competición na cidade alemá de Augsburgo onde se celebrará a terceira Copa do Mundo de Slálom. 


 

lunes, 1 de junio de 2026

BRILLANTE ACTUACIÓN DOS TEIXUGOS NA 1ª COPA DE ESPAÑA “JÓVENES PROMESAS DE SLÁLOM”

    Impresionante actuación dos Teixugos na 1ª Copa de España de “Jóvenes Promesas” de slálom celebrada en Irún, nas augas do río Bidasoa.A competición comezou o sábado coas clasificatorias, na que os doce mellores pasaron a disputar a final A e, o resto, a final B na mañá do domingo. 

    O Club Deportivo Miño acudiu con dez deportistas das categorías cadete, infantil A e infantil B, moitos dos cales fixeron dobre participación, en caiac e canoa.  

    Rita Olveira en Infantil A conseguiu entrar nas finais tanto de C1 como K1 e no domingo na final de canoa tivo unha impresionante baixada, pero dous toques nas portas deixárona en cuarto lugar; en K1, tivo máis sorte, e, cun percorrido perfecto e sen penalizacións, acadou a medalla de bronce ao rematar terceira. 


 

    Na categoría cadete feminino, en C1, a única que conseguiu pase a finais foi Nerea Álvarez, e na final fixo unha baixada perfecta, rematando cuarta. Beatriz Sánchez, Leila Álvarez e Catalina Sánchez remataron décimo sexta, décimo sétima e décimo oitava respectivamente. 

    Tamén en cadete, pero en K1, ningunha das catro conseguiu entrar nas finais, Leila foi décimo terceira, Nerea décimo cuarta, Catalina décimo sétima e Beatriz décimo oitava. 

    En cadete masculino o único participante en canoa foi Iván Cruz que non deu acadado pase a finais, rematando vixésimo sétimo. En cadete masculino K1 ningún teixugo acadou finais, Iván Cruz foi vixésimo sétimo, Izan Vicente trixésimo primeiro, Alejandro Barreiro trixésimo sétimo, e Leo Álvarez cuadraxésimo cuarto. 

    En infantil masculino Lois Montenegro pasou a finais en caiac e canoa, e no domingo gran actuación nas dúas categorías, rematando cuarto tanto en C1 como en K1. 

    Na clasificación final por equipos o Miño-Teixugos foi sétimo dun total de 24 equipos de toda España.     Os dez teixugos tiveron unha gran actuación, cada un deles dentro das súas posibilidades, estiveron brillantes, ao rematar tódalas baixadas con tan so pequenas penalizacións nunha canle coa que non están familiarizados.