martes, 28 de julio de 2026

CINCO MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA III COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM

     Este domingo as augas do río Cabe, ao seu paso por Monforte acolleron a III Copa Galega de Promoción de Slálom. Participaron deportistas galegos das categorías infantil, alevín e benxamín. O Club Deportivo Miño-Teixugos, acudiu cunha reducido equipo de tan só tres piragüistas, que dominaron nas súas respectivas categorías.

    Rita Olveira foi ouro tanto en caiac como en canoa infantil feminina. Seu irmán Roque Olveira tamén foi o gañador en C1 e K1 pero da categoría  alevín. Iria Álvarez en benxamín tamén gañou en caiac, non dobrando participación ao non haber canoa ata categoría alevín.

    Impresionante balance, con tres participantes e cinco medallas de ouro para os pequenos teixugos. 

    Na clasificación por equipos  o Club Deportivo Miño rematou quinto, con so 42 puntos, polo reducido do equipo participante.









 

sábado, 25 de julio de 2026

MANU OCHOA NO CAMPIONATO DO MUNDO DE CAIAC CROSS

    Do 20 ao 25 de xullo disputouse en Oklahoma a competición máis importante de slálom do ano, o Campionato do Mundo. Cincuenta países dos cinco continentes acudiron cos seus equipos a competir a esta canle, futura sede dos Xogos Olímpicos de 2028. 

    Manuel Ochoa, do Club Deportivo Miño-Teixugos, estivo presente como integrante do equipo nacional, concretamente, de caiac cross. 

    A súa participación comezou o luns coas contra reloxos ou probas individuais, buscando clasificarse para a fase de enfrontamentos. Fixo unha baixada espectacular, rematando undécimo dun total de setenta e cinco contendentes, a segundo e medio do primeiro clasificado. 

    O sábado rematou o Campionato coas series de loitas do caiac cross. O posto de Manu Ochoa na proba individual permitiulle encabezar a súa primeira serie, gañando con moita claridade ao suízo Dimitri Marx, ao canadense Isaac Zimmerman e ao austríaco Mario Leitner , pasando a octavos de final. En octavos a sorte non estivo da súa parte, non fixo unha boa saída, e nas loitas cos seus contrincantes chegou último da súa serie onde foi superado polo suizo Martín Dougoud, o francés Joris Hello e o italiano Xabier Ferrazzi.

     Rematou o Campionato do Mundo en vixésimo quinto lugar, sendo o español mellor clasificado. 


 

domingo, 19 de julio de 2026

GRAN PAPEL DOS TEIXUGOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA “JÓVENES PROMESAS” DE SLÁLOM E CAIAC CROSS

    Outra fin de semana de competición para os máis pequenos do Club Deportivo Miño-Teixugos. A localidade de Ponts acolleu o Campionato de España “Jóvenes Promesas” de Slálom e Caiac Cros. Nas augas do río Segre concentráronse máis de douscentos palistas das categorías cadete, infantil A e infantil B, procedentes de tódolos puntos de España. 

    O sábado celebrouse o campionato de slálom, comezando cunha baixada de clasificatorias na que os dez primeiros pasaban á final, que se disputou  no mesmo día. 

    En categoría cadete feminina Leila Álvarez e Nerea Álvarez conseguiron entrar nas finais de canoa, onde Nerea rematou cun impresionante quinto posto e Leila foi décima. En K1 Leila quedou a un posto de entrar nas finais, rematando décimo primeira e Nerea foi décimo terceira. Na mesma categoría, Catalina Sánchez rematou décimo sexta en C1 e décimo sétima en K1, e Beatriz Sánchez vixésima e décimo novena. 

    En infantil A feminino gran papel de Rita Olveira que entrou nas finais de K1 e C1, rematando quinta nas dúas categorías. 

    A mellor participación dos teixugos firmouna Lois Montenegro que se meteu nas finais de caiac e canoa, rematando sexto en canoa e cuarto en caiac, rozando a medalla de bronce. 

    Na categoría Cadete masculino solo Iván Cruz participou en C1 e K1, rematando vixésimo sétimo e trixésimo quinto. Na mesma categoría, pero solo en K1, Izan Vicente foi trixésimo noveno, Alejandro Barreiro cuadraxésimo primeiro e Leo Álvarez cuadraxésimo oitavo. 


 

    O domingo tocoulle ao caiac cros, que comezou coas contra reloxos ou probas individuais para buscar un posto nas loitas. Superaron esta proba Lois, Leila, Nerea, Catalina, Beatriz e Rita. 

    Lois, en infantil A, superou a fase de cuartos de final e caeu en semifinais a consecuencia dunha falta, rematou a proba sétimo. 

    Rita, tamén en infantil A, impúxose na súa serie de semifinais, xa na final non puido repetir a fazaña, rematando cuarta. 

    En categoría cadete feminino, Nerea, Catalina e Beatriz caeron en cuartos de final e Leila chegou a semifinais rematando a proba quinta. 









 




martes, 14 de julio de 2026

OS TEIXUGOS GAÑAN OS CAMPIONATOS GALEGOS DE SLÁLOM E CAIAC CROSS

    Esta fin de semana celebrouse en Arbo o Campionato Galego de Slálom e Caiac Cross. Deportistas galegos das categorías sénior e júnior enfrontáronse nas augas do Miño para acadar o título de campión ou campioa galega. 


 

    Doce foron os teixugos que loitaron contra as augas do Miño, onde demostraron as súas habilidades tanto en slálom como en cross. 


 

    O salcedense Luís Fernández gañou a proba de C1 sénior acadando o ouro e o título de campión galego.

     Leila Álvarez foi prata en K1 júnior e Nerea Álvarez foi tamén prata pero en C1, subcampioas galegas as dúas. 

    En K1 júnior Izan Vicente foi cuarto, Brais Álvarez quinto, Iván Cruz sexto, Leo Álvarez sétimo e Alejandro Barreiro oitavo. Iván Cruz tamén participou en canoa onde rematou quinto. 

    Destacar tamén o papel dos irmáns Olveira que gañaron como abridores ou demostradores, Roque foi primeiro e Rita segunda. 

        Tamén houbo competición por patrullas na que tres piragüistas fan o circuíto a un tempo, o equipo formado por Brais, Alejandro e Izan foron os gañadores da categoría júnior. 

    O domingo disputouse o caiac cross, comezando pola contra reloxo e seguindo cos enfrontamentos. 

    En muller sénior Alba Soutelo foi a gañadora da contra reloxo e Ainhoa Barreiro segunda. Nos enfrontamentos repetiuse resultado, con Alba como campioa galega e Ainhoa prata. 

    En muller júnior tanto na individual como nas loitas Nerea foi prata e Leila ouro. 

    En home júnior Izan Vicente acadou a prata na proba individual, pero nas loitas quedou fóra da final, a que si chegou Brais Álvarez, rematando cuarto.

     Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos gañou tanto en slálom, cun total de 285 puntos como en caiac cross con 126 puntos.