sábado, 5 de noviembre de 2011

O CONCELLO DE TOMIÑO ORGANIZA UNHA RECEPCIÓN AO CLUBE DE PIRAGÜISMO OS TEIXUGOS.

O clube tomiñés acadou o primeiro posto na Liga Galega de Augas Bravas 2011

O Concello de Tomiño celebrou esta mañán unha recepción ao Clube Deportivo Miño-Teixugos co gallo do seu primeiro posto na Liga Galega de Augas Bravas 2011. A Federación Galega de Piragüismo outorgou a victoria ao clube tomiñés despois de sumarse todas as puntuacións obtidas polo clube nas distintas competicións deste ano. Este é o quinto ano consecutivo da victoria dos Teixugos na Liga Galega.
O Concello de Tomiño quere recoñecer ao clube dos Teixugos os seus continuos logros que acrecentan a súa traxectoria deportiva. Ademáis a súa victoria na Liga Galega de Augas Bravas se lle suman o primeiro posto na Copa Galega de Slálom e na Copa Galega de Promoción do Slalóm.
No acto desta mañán, a Alcaldesa, Sandra González, e a concelleira de deportes, Cristina Martínez, fixeron entrega aos piragüistas dun póster no que se recollen fotografías de todos eles competindo. Asimesmo, fíxoselle entrega ao presidente do clube, Pablo Pousa, dunha placa conmemorativa.
A concelleira de deportes, Cristina Martínez, destacou “a deportividade dos piragüistas e o seu esforzo continuo por acadar novos éxitos para o clube”.
A Alcaldesa, Sandra González, pola súa parte, tivo un emotivo recordo para un dos impulsores do clube, David Castro. Destacando “o seu inolvidable traballo a prol do clube e dos seus rapaces”.
Como representantes do clube interviron Pablo Pousa, presidente, e Emilio Rodríguez, entrenador. Pablo Pousa animou aos deportistas a “seguir traballando no piraguismo unha nova temporada e a loitar por novas victorias.” Emilio Rodríguez, o entrenador, reflexionou sobre “ a gloria e o dolor” para explicar que a gloria é conseguir triunfos e o dolor é non conseguilos.
(Artigo extraído de http://concellodetomiño.es/)


No hay comentarios:

Publicar un comentario