domingo, 1 de marzo de 2015

1ª COPA DE ESPAÑA DE SLÁLOM- SEU D´URGELL

O Club Deportivo Miño participou esta fin de semana na 1ª Copa de España de Slálom Olímpico na canle olímpica da Seu D´Urgell en Lleida.
 Seis piragüistas do equipo partiron cara a Lleida este mércores para adestrar e familiarizarse coa difícil canle desta localidade. Mentres que Andrea González, Brais Castro e Manuel Ochoa xa levaban alí concentrados dúas semanas coa Federación Galega de Piragüismo.
 Este ano ademais esta competición forma parte do Selectivo 1 da Federación Española para configurar os equipos nacionais júnior e sub 23 para o mundial de Foz de Iguacu en Brasil.
No remate as cousas non foron mal para os Teixugos, pero non deron acadado ningunha medalla neste circuíto moi difícil para eles, pois están afeitos a remar en río e non en canle artificial. Os mellores clasificados foron Brais Castro cunha quinta posición en C1 xuvenil e Manuel Ochoa coa mesma posición en K1 xuvenil. Pódese ver os resultados picando AQUÍ.
Destacar tamén que Manuel Ochoa clasificouse para o Selectivo 2 que se se celebrará na canle de Pau en Francia os días 7 e 8 de marzo e no que lle desexamos acade os mellores resultados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario