domingo, 23 de julio de 2017

CAMPIONATO DO MUNDO JÚNIOR E SUB-23-BRATISLAVA: 18 A 23/07/2017

Ao longo desta semana celebrouse en Bratislava, Eslovaquia, a Campionato do Mundo Júnior e Sub-23 de piragüismo na modalidade de slálom. Nela participou o deportista de Salceda e membro do Club Deportivo Miño Luís Fernández Pereira, que acudiu como un dos tres integrantes do equipo de España de canoa sub-23. 
Luís fixo a súa primeira baixada na mañá do martes, quedando vixésimo primeiro, a apenas un posto de semifinais, no mesmo día pola tarde, na segunda ronda, consegue entrar nas semifinais. 
As semifinais de C1 Home Sub-23 tiveron lugar na mañá do sábado, nas que Luís fixo unha espectacular baixada, que o fixo entrar en finais cun impresionante quinto posto. Nese mesmo día, pola tarde, os dez finalistas fixeron os seus circuítos, a baixada do teixugo foi boa rematando na sétima posición. 
 E xa como remate, na mañá do domingo, Luís formou parte do equipo español de C1 sub-23 na modalidade de patrullas, xunto con Jordi Tebé e Adriá Martí, rematando décimos. 
 Luís Fernández e Ainhoa Lameiro, tamén de Caldelas, pero do Club Penedo, que rematou décimo octava en C1 Júnior Muller, foron os dous únicos galegos que entraron nesta ocasión na selección. Con este resultado, que o colocan entre os mellores canoístas sub-23 do mundo, Luís pecha esta primeira ronda de competicións internacionais coa selección nacional. Na fin de semana do 5 e 6 de agosto, en Sabero , León, terá que facer fronte ao segundo selectivo para formar parte da selección española para a segunda ronda de competicións internacionais. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario