domingo, 23 de septiembre de 2018

III TAÇA PONTE DA AMIZADE, VILANOVA DE CERVEIRA: 23/09/2018

Este domingo tivo lugar en Vila Nova de Cerveira, nas augas do río Miño, a III Taça Ponte da Amizade de Slálom. O evento foi organizado polo Club Deportivo Miño e as Federacións Galega e Portuguesa de piragüismo, e contou coa participación de deportistas dos clubs galegos e portugueses de slálom. Para os portugueses puntuou para o Campeonato Nacional de Esperanças, e para os galegos foi a 7ª Competición da Liga Galega de Promoción de Slálom. 

O equipo dos Teixugos estivo formado nesta ocasión por doce deportistas, moitos do cales fixeron doble competición, en kaiak e canoa. Todos eles tiveron unha destacada participación. 
En K1 prebenxamín, Alejandro Suárez, o noso participante máis novo, acadou a medalla de bronce. Javier LLuch na categoría benxamín foi quinto. En alevín masculino, Adrián Lluch tamén foi quinto en K1 e sétimo en C1, Antón Fernández rematou undécimo e Alexandre González vixésimo sexto. Na categoría infantil Sergio Rodríguez gañou en K1 e acadou o bronce en C1, Samuel Castro resultou prata en canoa e bronce en kaiak e Alexis Segadaes rematou en quinto lugar en K1. En Infantil feminino Ainhoa Barreiro e Alba Soutelo dominaron as probas, Ainhoa gañou en K1 e foi segunda en C1 e Alba primeira en C1 e segunda en K1. En Cadete Muller, Ariadana Pereira foi a gañadora da proba, medalla de ouro, polo tanto. 

Impresionante balance para os Teixugos nesta proba galego-portuguesa cun total de dez medallas: catro ouros, tres pratas e tres bronces. Na clasificación final por equipos, o Montaña Quixós de Monforte de Lemos foi o gañador, seguido do Club Deportivo Miño-Teixugos e do Penedo Te Importa de Caldelas de Tui.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario