Esta fin de semana nova cita cunha Copa de España “Jóvenes Promesas” de Slálom, concretamente a 3ª, na localidade de Sort, en Lleida. Nestas competicións participan mozas e mozos das tres categorías anteriores a júnior: cadete, infantil A e infantil B. Participación moi numerosa, con máis de douscentos palistas de vinte e catro clubs de toda España , seis dos cales pertencían ao Club Deportivo Miño-Teixugos.
As nosas representantes da categoría Infantil A feminino, tiveron dobre participación ao baixar en C1 e K1. En canoa, gran actuación de Nerea Álvarez que volveu facer podio ao rematar terceira na final, segundo bronce para a teixuga nas copas de España. Leila Álvarez foi quinta e Catalina Sánchez sétima. En caiac ou K1 Nerea quedou fóra do podio por unha penalización por toque, rematando cuarta a menos dun segundo de acadar un novo bronce; Leila Álvarez despois de facer unhas moi boas clasificatorias, rematou sétima na final; Catalina Sánchez foi oitava.
En K1 Infantil B, Rita Olveira pasou as finais quedou sexta. . En K1 Infantil B Masculino Lois Montenegro conseguiu meterse nas finais do domingo, onde rematou cuarto, a menos de dous segundos de subir ao podio. En K1 Cadete Masculino, Brais Cambra non acadou pase a finais, rematando trixésimo quinto.
Na clasificación final por equipos o Deportivo Miño-Teixugos rematou quinto por detrás dos grandes clubs catalás e vascos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario