O domingo 11 de outubro os máis pequenos do slálom galego tiveron o Campionato Galego de Promoción. Nel participaron 51 deportistas das categorías infantil, alevín e benxamín. En palabras da Federación Galega, unha xornada para que os máis novos poñan en práctica o aprendido nos adestramentos, adquiran experiencia entre as portas e compartan a súa afección polo piragüismo. Unha boa maneira de impulsar a canteira do slálom galego.
O club Deportivo Miño-Teixugos aportou seis deportistas ao evento.
En categoría Infantil masculina, Lois Montenegro rematou quinto en canoa ou C1 e segundo en caiac, acadando unha medalla de prata. Na mesma categoría, Martín Vicente foi décimo en K1.
En Categoría Infantil feminina Rita Olveira foi a gañadora en C1 e en K1, dous campionatos galegos e dous ouros para ela, por tanto.
En categoría Alevín masculina, Roque Olveira foi segundo en C1 e gañou en K1, prata e ouro para o teixugo. Tamén en Alevín, Brais Vicente, rematou sétimo.
A máis nova do club, Iria Álvarez, tamén foi a gañadora en K1 benxamín.
Gran palmarés para os Teixugos con catro ouros e dúas pratas neste Campionato Galego de Promoción, e gran experiencia para os máis novos do club.
Na clasificación final por clubs, o Deportivo Miño, rematou cuarto.












No hay comentarios:
Publicar un comentario