domingo, 28 de agosto de 2011

CAMPIONATO GALEGO DE PROMOCIÓN EN MONFORTE DE LEMOS

Este domingo cerrouse en Monforte de Lemos a tempada de promoción de slálom 2011 co Campionato Galego. Na promoción, como xa aclaramos noutras ocasións compiten os deportistas máis pequenos de cada club.
O medalleiro do club tomiñés quedou da seguinte maneira: Clara González acadou ouro na categoría K1 Muller Alevín, Marina Ruedas ouro en K1 e prata en C1 Muller Infantil, Claudia Otero prata en K1 e bronce en C1 Muller Infantil, Brais Castro bronce en C1 e K1 Home Infantil e Manuel Ochoa prata en K1 Home Infantil. Na clasificación xeral por equipos os Teixugos acadaron o segundo posto por detrás do Club de Piragüismo Municipal de Dumbría.
Ata o ano que ven os máis pequenos xa non terán máis competicións, aínda que seguirán adestrando moi duro cada semana para superarse o ano que ven. A vindeira e ultima cita da tempada co slálom será a finais de setembro en Dumbría onde se celebrará o Campionato Galego, esta vez das categorías superiores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario