O pasado sábado día dezasete de setembro celebrouse na localidade de Arbo o Campionato Galego de descenso de augas bravas. Nesta modalidade os piragüistas deben descender un tramo dun río, neste caso desde Cequeliños a Arbo, uns catro quilómetros.
O club Deportivo Miño-Teixugos acadou cinco medallas: Emilio Carrera bronce en C1 Home Xuvenil, Alejandro Ochoa prata en C1 Home Senior, Antón González bronce na mesma categoría, Andrea González bronce en K1 Muller Cadete e Guillermo Martínez bronce en K1 Home Xuvenil.
A vindeira fin de semana celebrarase a derradeira competición desta temporada 2011. Serán estes mesmos deportistas os que participaran en Dumbría no Campionato Galego de Slálom.
No hay comentarios:
Publicar un comentario