martes, 30 de junio de 2015

CAMPIONATO GALEGO DE SLÁLOM, PADRÓN 28 XUÑO DE 2015


Este domingo celebrouse en Padrón, nas augas do río Ulla,  o Campionato Galego de Slálom, a competición máis importante da Liga Galega de slálom. Participaron  clubs galegos e portugueses, aínda que estes últimos non contaban para o medalleiro.
A competición tivo lugar ao longo de todo o día. O Club Deportivo Miño- Teixugos participou con 8 piragüistas, moitos dos cales participaron en dúas modalidades ,canoa e  kaiak.
Remataron como campionas galegas Andrea González en K1 sénior, Sara Vázquez en C1 sénior e Marina Ruedas en K1 júnior. Acadaron medallas de prata Laura Soutelo en K1 júnior, Brais Castro en C1 júnior e  Manuel Ochoa en K1 júnior; e foron bronce Sara Vázquez en K1 sénior, Emilio Rodríguez en K1 sénior, Brais Castro en K1 júnior e Laura Alonso en C1 sénior.
Na modalidade de patrullas, tanto o equipo feminino, formado por Laura Alonso, Andrea e Sara, coma o masculino, formado por Brais, Manuel e Emilio, resultaron gañadores, e por tanto, campións galegos.
Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos rematou segundo por detrás do Club Tea de Mondariz.
Máis fotos AQUÍ
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario