domingo, 2 de agosto de 2015

CAMPIONATO DE ESPAÑA, ORTHEZ 1 E 2 DE AGOSTO DE 2015

Esta fin de semana celebrouse na localidade francesa de Orthez o Campionato de España de Slálom Olímpico. Esta é a derradeira e máis importante competición da Liga Española de Slálom Olímpico “Manuel Fonseca” . Sábado e domingo fixeron as súas baixadas na canle francesa os mellores piragüistas de augas bravas de España . O club Deportivo Miño-Teixugos acudiu con sete deportistas que fixeron un moi bo papel. Destaca sobre todo a medalla de prata acadada por Manuel Ochoa en K1 xuvenil Masculino. Brais Castro rematou cuarto na mesma categoría e sexto en C1 xuvenil. Laura Alonso e Andrea González empataron no décimo posto en K1 sénior e Laura Soutelo obtivo a mesma posición en K1 xuvenil. Emilio Rodríguez rematou vixésimo primeiro en K1 sénior e Marco Patiño vixésimo terceiro en K1 cadete. Na clasificación por equipos os Teixugos remataron na quinta posición, sendo o club galego mellor clasificado. Con esta competición remata a Liga Española de Slálom Olímpico deste ano, na que cabe destacar o auxe dos representantes galegos nun deporte que tradicionalmente dominaban vascos e cataláns, e iso que Galicia non conta con ningunha canle para a práctica do slálom.

No hay comentarios:

Publicar un comentario