Outra fin de semana de competición para os máis pequenos do Club Deportivo Miño-Teixugos. A localidade de Ponts acolleu o Campionato de España “Jóvenes Promesas” de Slálom e Caiac Cros. Nas augas do río Segre concentráronse máis de douscentos palistas das categorías cadete, infantil A e infantil B, procedentes de tódolos puntos de España.
O sábado celebrouse o campionato de slálom, comezando cunha baixada de clasificatorias na que os dez primeiros pasaban á final, que se disputou no mesmo día.
En categoría cadete feminina Leila Álvarez e Nerea Álvarez conseguiron entrar nas finais de canoa, onde Nerea rematou cun impresionante quinto posto e Leila foi décima. En K1 Leila quedou a un posto de entrar nas finais, rematando décimo primeira e Nerea foi décimo terceira. Na mesma categoría, Catalina Sánchez rematou décimo sexta en C1 e décimo sétima en K1, e Beatriz Sánchez vixésima e décimo novena.
En infantil A feminino gran papel de Rita Olveira que entrou nas finais de K1 e C1, rematando quinta nas dúas categorías.
A mellor participación dos teixugos firmouna Lois Montenegro que se meteu nas finais de caiac e canoa, rematando sexto en canoa e cuarto en caiac, rozando a medalla de bronce.
Na categoría Cadete masculino solo Iván Cruz participou en C1 e K1, rematando vixésimo sétimo e trixésimo quinto. Na mesma categoría, pero solo en K1, Izan Vicente foi trixésimo noveno, Alejandro Barreiro cuadraxésimo primeiro e Leo Álvarez cuadraxésimo oitavo.
O domingo tocoulle ao caiac cros, que comezou coas contra reloxos ou probas individuais para buscar un posto nas loitas. Superaron esta proba Lois, Leila, Nerea, Catalina, Beatriz e Rita.
Lois, en infantil A, superou a fase de cuartos de final e caeu en semifinais a consecuencia dunha falta, rematou a proba sétimo.
Rita, tamén en infantil A, impúxose na súa serie de semifinais, xa na final non puido repetir a fazaña, rematando cuarta.
En categoría cadete feminino, Nerea, Catalina e Beatriz caeron en cuartos de final e Leila chegou a semifinais rematando a proba quinta.

.jpeg)
.jpeg)




No hay comentarios:
Publicar un comentario