sábado, 25 de julio de 2026

MANU OCHOA NO CAMPIONATO DO MUNDO DE CAIAC CROSS

    Do 20 ao 25 de xullo disputouse en Oklahoma a competición máis importante de slálom do ano, o Campionato do Mundo. Cincuenta países dos cinco continentes acudiron cos seus equipos a competir a esta canle, futura sede dos Xogos Olímpicos de 2028. 

    Manuel Ochoa, do Club Deportivo Miño-Teixugos, estivo presente como integrante do equipo nacional, concretamente, de caiac cross. 

    A súa participación comezou o luns coas contra reloxos ou probas individuais, buscando clasificarse para a fase de enfrontamentos. Fixo unha baixada espectacular, rematando undécimo dun total de setenta e cinco contendentes, a segundo e medio do primeiro clasificado. 

    O sábado rematou o Campionato coas series de loitas do caiac cross. O posto de Manu Ochoa na proba individual permitiulle encabezar a súa primeira serie, gañando con moita claridade ao suízo Dimitri Marx, ao canadense Isaac Zimmerman e ao austríaco Mario Leitner , pasando a octavos de final. En octavos a sorte non estivo da súa parte, non fixo unha boa saída, e nas loitas cos seus contrincantes chegou último da súa serie onde foi superado polo suizo Martín Dougoud, o francés Joris Hello e o italiano Xabier Ferrazzi.

     Rematou o Campionato do Mundo en vixésimo quinto lugar, sendo o español mellor clasificado. 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario