domingo, 26 de enero de 2014
V TAÇA IBÉRICA DE SLÁLOM
Este domingo comezou oficialmente a tempada 2014 de Slálom Olímpico na localidade lusa de Covas en Vilanova de Cerveira coa V Taça Ibérica de Slálom. Esta competición xa é habitual no calendario cada mes de xaneiro, sendo este ano organizada por Federação Portuguesa de Canoagem, Darque Kayak Clube e Club Deportivo Miño-Teixugos.
Os Teixugos acadaron seis medallas de ouro: dúas para Clara González en C1 e K1cadete e para Brais Castro en C1 e K1 cadete, unha para Andrea González en K1 júnior e outra para Víctor Rodríguez en K1 infantil; dúas de prata para Sara Vázquez en C1 e K1 sénior e unha de bronce para Claudia Otero en K1 júnior.
Na clasificación final por equipos quedou en primeiro lugar o Aguas Bravas Clube de Amarante, seguido do Club Deportivo Miño-Teixugos e en terceiro lugar o Club Tea de Mondariz.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)