domingo, 23 de septiembre de 2018

III TAÇA PONTE DA AMIZADE, VILANOVA DE CERVEIRA: 23/09/2018

Este domingo tivo lugar en Vila Nova de Cerveira, nas augas do río Miño, a III Taça Ponte da Amizade de Slálom. O evento foi organizado polo Club Deportivo Miño e as Federacións Galega e Portuguesa de piragüismo, e contou coa participación de deportistas dos clubs galegos e portugueses de slálom. Para os portugueses puntuou para o Campeonato Nacional de Esperanças, e para os galegos foi a 7ª Competición da Liga Galega de Promoción de Slálom. 

O equipo dos Teixugos estivo formado nesta ocasión por doce deportistas, moitos do cales fixeron doble competición, en kaiak e canoa. Todos eles tiveron unha destacada participación. 
En K1 prebenxamín, Alejandro Suárez, o noso participante máis novo, acadou a medalla de bronce. Javier LLuch na categoría benxamín foi quinto. En alevín masculino, Adrián Lluch tamén foi quinto en K1 e sétimo en C1, Antón Fernández rematou undécimo e Alexandre González vixésimo sexto. Na categoría infantil Sergio Rodríguez gañou en K1 e acadou o bronce en C1, Samuel Castro resultou prata en canoa e bronce en kaiak e Alexis Segadaes rematou en quinto lugar en K1. En Infantil feminino Ainhoa Barreiro e Alba Soutelo dominaron as probas, Ainhoa gañou en K1 e foi segunda en C1 e Alba primeira en C1 e segunda en K1. En Cadete Muller, Ariadana Pereira foi a gañadora da proba, medalla de ouro, polo tanto. 

Impresionante balance para os Teixugos nesta proba galego-portuguesa cun total de dez medallas: catro ouros, tres pratas e tres bronces. Na clasificación final por equipos, o Montaña Quixós de Monforte de Lemos foi o gañador, seguido do Club Deportivo Miño-Teixugos e do Penedo Te Importa de Caldelas de Tui.

 

domingo, 2 de septiembre de 2018

CAMPIONATO GALEGO DE SLÁLOM, DUMBRÍA:2/8/2018

Este domingo celebrouse en O Couquiño, Dumbría, o Campionato Galego de Slálom. Nesta ocasión o Club Deportivo Miño-Teixugos so acudiu con catro piragüistas, o resto do equipo non puido ir ao ter compromisos de estudos e traballo. 

Aínda con tan reducida participación, os Teixugos foron quen de facerse con sete medallas do Campionato, o que da fe do gran nivel dos seus deportistas.

 O mellor da xornada foi Luís Fernández, o padeeiro de Salceda proclamouse campión galego de C1 sénior e ademais foi bronce en K1 sénior. Brais Castro, na mesma categoría, foi terceiro en C1 e segundo en K1, o que lle supuxo un bronce e unha prata. Marina Ruedas , tamén sénior, acadou a medalla de prata co seu segundo posto na modalidade K1. Finalmente, Ariadna Pereira , na categoría júnior, foi bronce en C1 e prata en K1. Impresionante balance para os Teixugos, pois todos os seus deportistas foron merecedores de medalla. 

 Na clasificación final por equipos remataron terceiros, por detrás do Piragüismo Penedo, que se proclamou Campión Galego, e do Club Tea de Mondariz.