domingo, 13 de marzo de 2011

COPA GALEGA DE PROMOCIÓN “DAVID CASTRO” DE SLALOM


Este domingo día 13 celebrouse no río da Pedra, en Tomiño a 1º competición da Copa Galega de promoción de Slalom da tempada 2011. Como xa é habitual dende fai anos o Slalom da Pedra inaugura a tempada galega, e partir de este ano pasará a chamarse David Castro en homenaxe ao padeeiro falecido fai agora un ano.
No remate da competición o equipo dos Teixugos quedou en segundo lugar por detrás do club de Dumbría. Os teixugos fixéronse cun total de 7 medallas: Clara González conseguiu un ouro en k1 alevín, Marina Ruedas ouro en K1 infantil e prata en C1 infantil, Claudia Otero conseguiron ouro en C1 infantil e prata en K1 infantil e Brais Castro ouro en K1 infantil e bronce en C1 infantil.
No remate rendeuse unha emotiva homenaxe a David Castro, o teixugo falecido no río Vez en Portugal. Ademais dos teixugos asistiron familiares e amigos de David, membros doutros clubs galegos, varios concelleiros e a alcaldesa. Pronunciáronse palabras de eloxio recordando a súa persoa por parte de amigos, o presidente do club,o concelleiro de deportes, o vicepresidente da Federación Galega de piragüismo e a alcaldesa. Tamén se lle fixo un vídeo de homenaxe e descubriuse unha placa na súa hora na que se pode ler: “A vida é coma un río cheo de ondas, rulos, saltos e sorrisos...¡Pura vida!”


Recordando a David Castro from teixugos on Vimeo.