domingo, 30 de enero de 2011

TAÇA IBÉRICA DE SLALOM

Este domingo os Teixugos participaron na súa primeira competición da tempada 2011. O evento foi organizado polo concello de Tomiño, a cámara de Vilanova de Cerveira e o Club Deportivo Miño-Teixugos,en Covas, Vilanova de Cerveira; participaron clubs galegos e portugueses. A xornada non saíu segundo os plans iniciais, pois recén comezada cortouse o subministro de auga, despois de falar cos responsables o fluxo de auga normalizouse pero a competición reduciuse a unha soa manga das tres previstas. O remate, dous clubs portugueses acadaron a 1º e 2º praza, quedando os no Teixugos no 3º lugar por equipos. Individualmente os teixugos viñeron cunha medalla de ouro en C2 para Iago Patiño e Santiago Oliveira; cinco de prata para Andrea González, Adrián Rodríguez, Guillermo Martínez, Víctor González e Emilio Carrera; e tres de bronce para Andrea González e Miguel Valcárcel que se fixo con dúas.


A vindeira cita será no Entroido en Francia onde terá lugar a 1º Competición do campionato de España de Slalom Olímpico para os Teixugos de categorías superiores. Os máis pequenos estrearanse no río da Pedra o 13 de marzo coa primeira competición da Liga Galega de Promoción, na que se renderá unha homenaxe a David Castro.