domingo, 25 de septiembre de 2011

OS TEIXUGOS PECHAN A TEMPADA 2011 EN DUMBRÍA CON 5 MEDALLAS

Este domingo celebrouse en Dumbría o Campionato Galego de Slálom, a última competición desta tempada 2011. Participaron deportistas das categorías cadete, xunior, senior e veteranos. Os Teixugos acudiron con 15 deportistas de diferentes idades, que participaron nas categorías de C1 e K1, catro deles participaron como abridores, e dicir que realizaron o circuíto pero non puntuaron nin recibiron medallas ao ser de categoría infantil.
Todos os deportistas fixeron un gran esforzo, xa que dobraron categoría, o que lles supuxo catro baixadas, dúas en C1 e dúas en K1.
Das cinco medallas conseguidas, unha foi de ouro para Guillermo Martínez en K1 Home Senior; dúas de prata, unha para Andrea González en K1 Muller Cadete e outra para Nicolas Ruedas en K1 home senior; e dúas de bronce para Pablo Pousa en K1 Home Veteranos e Víctor González en C1 Homes Xuvenil.
Na clasificación xeral por equipos O Club Deportivo Miño-Teixugos conseguiu un meritorio segundo posto, por detrás do Club de Piragüismo Tea de Mondariz.
Para rematar a xornada tivo lugar unha pequena competición de patrullas, na que os Teixugos participaron con tres equipos. Esta é unha modalidade nova e moi vistosa, que empeza a ser frecuente en tódolos campionatos, tanto de Galicia como de España. O percorrido é o mesmo que o de slálom, o mesmo que as normas, so que os piragüistas baixan en equipos de tres, tomándose o tempo entre o primeiro que sae e o último que entra na meta.

domingo, 18 de septiembre de 2011

ARBO: CAMPIONATO GALEGO DE DESCENSO DE AUGAS BRAVAS

O pasado sábado día dezasete de setembro celebrouse na localidade de Arbo o Campionato Galego de descenso de augas bravas. Nesta modalidade os piragüistas deben descender un tramo dun río, neste caso desde Cequeliños a Arbo, uns catro quilómetros.
O club Deportivo Miño-Teixugos acadou cinco medallas: Emilio Carrera bronce en C1 Home Xuvenil, Alejandro Ochoa prata en C1 Home Senior, Antón González bronce na mesma categoría, Andrea González bronce en K1 Muller Cadete e Guillermo Martínez bronce en K1 Home Xuvenil.
A vindeira fin de semana celebrarase a derradeira competición desta temporada 2011. Serán estes mesmos deportistas os que participaran en Dumbría no Campionato Galego de Slálom.