A semana pasada pechouse a tempada internacional de slálom, e esta semana rematou a nacional co Campionato de España de Slálom, a súa competición máis importante. Tivo lugar na canle de Slálom do Parc Olimpic do Segre, na Seu D´Urgell, o sábado clasificatorias e o domingo finais cos dez mellores tempos de cada categoría.
Tan so dous deportistas representaron ao Club Deportivo Miño-Teixugos no evento.
Luís Fernández na modalidade de C1 ou canoa sénior conseguiu con comodidade o pase a finais ao rematar as dúas clasificatorias do sábado co terceiro mellor tempo. O domingo, nas finais Luís fixo de novo unha gran baixada, sen penalizacións, rematando terceiro, por detrás de Marc Vicente e Azuka Mbelu do club local,acadando, por tanto, a medalla de bronce.
Nerea Álvarez en C1 xuvenil, con dúas baixadas moi correctas nunha canle tan complicada, tamén conseguiu o pase a finais. Na final do domingo, rematou novena, posto que da fe do seu bo momento deportivo.
Ademais da gran actuación dos teixugos hai que destacar a actuación doutra galega, a canoísta do Piragüismo Penedo Ainhoa Lameiro, que se proclamou campioa de España de C1 sénior.


.jpg)


.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
