martes, 30 de junio de 2015

CAMPIONATO GALEGO DE SLÁLOM, PADRÓN 28 XUÑO DE 2015


Este domingo celebrouse en Padrón, nas augas do río Ulla,  o Campionato Galego de Slálom, a competición máis importante da Liga Galega de slálom. Participaron  clubs galegos e portugueses, aínda que estes últimos non contaban para o medalleiro.
A competición tivo lugar ao longo de todo o día. O Club Deportivo Miño- Teixugos participou con 8 piragüistas, moitos dos cales participaron en dúas modalidades ,canoa e  kaiak.
Remataron como campionas galegas Andrea González en K1 sénior, Sara Vázquez en C1 sénior e Marina Ruedas en K1 júnior. Acadaron medallas de prata Laura Soutelo en K1 júnior, Brais Castro en C1 júnior e  Manuel Ochoa en K1 júnior; e foron bronce Sara Vázquez en K1 sénior, Emilio Rodríguez en K1 sénior, Brais Castro en K1 júnior e Laura Alonso en C1 sénior.
Na modalidade de patrullas, tanto o equipo feminino, formado por Laura Alonso, Andrea e Sara, coma o masculino, formado por Brais, Manuel e Emilio, resultaron gañadores, e por tanto, campións galegos.
Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos rematou segundo por detrás do Club Tea de Mondariz.
Máis fotos AQUÍ
 

3ª COMPETICIÓN DA LIGA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM- RIBADUMIA-23 MAIO 2015

FOTOS

lunes, 15 de junio de 2015

3ª COPA DE ESPAÑA 2015-PONTS



Esta fin de semana o Club Deportivo Miño- Teixugos fixo fronte a súa segunda competición na Liga Española de slálom olímpico. A sorte non estivo do lado dos Teixugos na localidade catalá de Ponts, aínda que os postos acadados serían impensables fai uns anos.
Este ano a Federación cambiou o sistema de competición, tendo lugar en dous días, sumándose os postos obtidos, de tal maneira que un primeiro posto suma cero puntos, un segundo dous, un terceiro tres, e así sucesivamente.
Os Teixugos acudiron con 5 piragüistas a esta Copa de España: Emilio Rodríguez, Andrea González, Brais Castro, Manuel Ochoa e Marco Patiño.
Emilio rematou no posto 22 na categoría K1 sénior home e Marco Patiño foi vixésimo oitavo en k1 cadete home.
Andrea González quedou décima o sábado e oitava no domingo, resultando oitava na final de k1 muller sénior. O mesmo posto obtivo Brais Castro en C1 home xuvenil home despois de ser sétimo o sábado e oitavo o domingo. Brais fixo dobrete, e participou tamén en k1 xuvenil home onde foi undécimo, cun décimo posto o sábado e un sétimo o domingo.
Manuel Ochoa o sábado rematou terceiro e o domingo décimo, despois de que un erro nos cronómetros lle obrigara a repetir a súa baixada; acabando cun quinto posto en k1 home xuvenil.
A X Liga de Slálom Olímpico Manuel Fonseca rematará o 1 e 2 de agosto na localidade francesa de Orthez coa celebración do Campionato de España