domingo, 27 de julio de 2025

ONCE MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA 3ª COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM

 

    Este domingo celebrouse en Monforte de Lemos a terceira Copa Galega de Promoción do Slálom, onde se mediron as forzas os máis pequenos do slálom galego. O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu con trece deportistas que deron mostras da súa gran deportividade e calidade. Algúns deles tiveron dobre participación en caiac, K1, e canoa, C1. 

    En C1 Infantil Feminino, podio completo para as teixugas, Nerea Álvarez gañou a prova, Leila Álvarez foi segunda, Catalina Sánchez foi terceira e Beatriz Sánchez rematou cuarta. En C1 Infantil Masculino Lois Montenegro conseguiu a medalla de bronce, e Izan Vicente foi oitavo. 

    En K1 Infantil Feminino de novo dominio total das teixugas, ouro para Leila Álvarez, prata para Rita Olveira e bronce para Nerea Álvarez; Beatriz Sánchez rematou cuarta e Catalina Sánchez foi quinta. En K1 infantil Masculino, Lois Montenegro rematou cuarto, Alejandro Barreiro foi sétimo, Leo Álvarez noveno e Izan Vicente décimo terceiro. 

    Na categoría Alevín Masculina, Roque Olveira conseguiu dúas medallas de ouro, pois foi o gañador tanto de C1 como de K1. En K1 tamén participou Martín Vicente que acabou a proba en sétimo lugar. 

    Na categoría Benxamín K1,os dous representantes teixugos, Iria Álvarez e Brais Vicente, gañaron as súas respectivas competicións. 

    O impresionante balance final para os teixugos foi de once medallas, seis das cales foron ouro. Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos foi o gañador desta terceira Copa cun total de 247 puntos, compartindo podio co Montaña Quixós de Monforte con 178 puntos e co Penedo-Te Importa de Tui con 127 puntos. 





 

domingo, 6 de julio de 2025

BRONCE PARA NEREA ÁLVAREZ NA 3ª COPA DE ESPAÑA DE SLÁLOM

    Esta fin de semana nova cita cunha Copa de España “Jóvenes Promesas” de Slálom, concretamente a 3ª, na localidade de Sort, en Lleida. Nestas competicións participan mozas e mozos das tres categorías anteriores a júnior: cadete, infantil A e infantil B. Participación moi numerosa, con máis de douscentos palistas de vinte e catro clubs de toda España , seis dos cales pertencían ao Club Deportivo Miño-Teixugos. 

     As nosas representantes da categoría Infantil A feminino, tiveron dobre participación ao baixar en C1 e K1. En canoa, gran actuación de Nerea Álvarez que volveu facer podio ao rematar terceira na final, segundo bronce para a teixuga nas copas de España. Leila Álvarez foi quinta e Catalina Sánchez sétima. En caiac ou K1 Nerea quedou fóra do podio por unha penalización por toque, rematando cuarta a menos dun segundo de acadar un novo bronce; Leila Álvarez despois de facer unhas moi boas clasificatorias, rematou sétima na final; Catalina Sánchez foi oitava. 

    En K1 Infantil B, Rita Olveira pasou as finais quedou sexta. . En K1 Infantil B Masculino Lois Montenegro conseguiu meterse nas finais do domingo, onde rematou cuarto, a menos de dous segundos de subir ao podio. En K1 Cadete Masculino, Brais Cambra non acadou pase a finais, rematando trixésimo quinto. 

    Na clasificación final por equipos o Deportivo Miño-Teixugos rematou quinto por detrás dos grandes clubs catalás e vascos.