Esta fin de semana celebrouse en Sort a 2ª Copa de España de “Jóvenes Promesas” de slálom. Máis de 250 dorsais das categorías Infantil e cadete tomaron a saída no circuíto do río Noguera Pallaresa. Nenas e nenos de toda España déronse cita para competir e practicar o seu deporte favorito.
O Club Deportivo Miño-Teixugos levou a dez dos seus pequenos deportistas ao evento. Todos eles intentaron dar o mellor de si mesmos na súa loita coas augas bravas da canle de Sort. O sábado tiveron lugar as clasificatorias, os doce mellores de cada serie pasaron a finais que se disputaron o domingo.
Na categoría cadete feminina Nerea Álvarez conseguiu meterse na finais de caiac e canoa, rematou sétima en C1 e undécima en K1. Leila Álvarez tamén fixo finais en k1 onde rematou duodécima, en C1 rematou décimo cuarta. Beatriz Sánchez rematou décimo sétima en C1 e décimo novena en K1 e Catalina Sánchez décimo oitava en canoa e décimo sétima en caiac.
En cadete masculino ningún teixugo chegou a finais. Iván Cruz rematou trixésimo primeiro en C1 e cuadraxésimo quinto en K1. Izan Vicente, Leo Álvarez e e Alejandro Barreiro solo participaron en K1 rematando trixésimo terceiro, cuadraxésimo primeiro e cuadraxésimo cuarto, respectivamente.
En Infantil A masculino Lois Montenegro conseguiu pase a finais tanto en C1 como en K1, rematando finalmente en sexto lugar en canoa e cuarto en caiac, moi preto dos postos de medalla.
En Infantil A feminino Rita Olveira clasificouse para finais nas dúas modalidades, rematando quinta en canoa e sexta en caiac. Xornadas para a convivencia e a aprendizaxe, coa participación de moitos clubs novos que dan fe do bo momento e do gran futuro do slálom.
Fotos de Norbert Aguilera

No hay comentarios:
Publicar un comentario