martes, 14 de julio de 2026

OS TEIXUGOS GAÑAN OS CAMPIONATOS GALEGOS DE SLÁLOM E CAIAC CROSS

    Esta fin de semana celebrouse en Arbo o Campionato Galego de Slálom e Caiac Cross. Deportistas galegos das categorías sénior e júnior enfrontáronse nas augas do Miño para acadar o título de campión ou campioa galega. 


 

    Doce foron os teixugos que loitaron contra as augas do Miño, onde demostraron as súas habilidades tanto en slálom como en cross. 


 

    O salcedense Luís Fernández gañou a proba de C1 sénior acadando o ouro e o título de campión galego.

     Leila Álvarez foi prata en K1 júnior e Nerea Álvarez foi tamén prata pero en C1, subcampioas galegas as dúas. 

    En K1 júnior Izan Vicente foi cuarto, Brais Álvarez quinto, Iván Cruz sexto, Leo Álvarez sétimo e Alejandro Barreiro oitavo. Iván Cruz tamén participou en canoa onde rematou quinto. 

    Destacar tamén o papel dos irmáns Olveira que gañaron como abridores ou demostradores, Roque foi primeiro e Rita segunda. 

        Tamén houbo competición por patrullas na que tres piragüistas fan o circuíto a un tempo, o equipo formado por Brais, Alejandro e Izan foron os gañadores da categoría júnior. 

    O domingo disputouse o caiac cross, comezando pola contra reloxo e seguindo cos enfrontamentos. 

    En muller sénior Alba Soutelo foi a gañadora da contra reloxo e Ainhoa Barreiro segunda. Nos enfrontamentos repetiuse resultado, con Alba como campioa galega e Ainhoa prata. 

    En muller júnior tanto na individual como nas loitas Nerea foi prata e Leila ouro. 

    En home júnior Izan Vicente acadou a prata na proba individual, pero nas loitas quedou fóra da final, a que si chegou Brais Álvarez, rematando cuarto.

     Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos gañou tanto en slálom, cun total de 285 puntos como en caiac cross con 126 puntos.