domingo, 23 de febrero de 2014
OS TEIXUGOS GAÑADORES DA COPA DAVID CASTRO DE SLÁLOM
Este domingo tivo lugar no río da Pedra a Copa de Slálom David Castro, primeira das competicións da XII Liga de Promoción de Slálom. Tiveron os pequenos piragüistas unha mañá espléndida e un río en boas condicións no que demostrar as súas aptitudes. Participaron un total de oito equipos, seis galegos e dous portugueses.
Rematada a competición o medalleiro dos máis novos do Club Deportivo Miño-Teixugos quedou como sigue: Ainhoa Barreiro ouro en K1 muller Benxamín, prata para Alba Soutelo na mesma categoría, ouro para Ariadna Pereira en K1 muller Alevín, Víctor Rodríguez bronce en C1 home Infantil e prata en K1 home Infantil, Samuel Castro ouro en K1 home Benxamín e prata para Sergio Martínez na mesma categoría.
Na clasificación final por Clubs os Teixugos quedaron primeiros con 163 puntos, seguidos polo C. P, Penedo con 146 e en terceiro lugar o Club Tea con 124 puntos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario