domingo, 27 de julio de 2014

CAMPIONATO DE ESPAÑA- SEU D´URGELL

Esta fin de semana tivo lugar na canle olímpica da Seu D`Urgell o Campionato de España de slálom olímpico. O club Deportivo Miño- Teixugos acudiu con nove deportistas. Na primeira xornada do sábado tiveron lugar as clasificatorias a unha soa manga. Isto fixo que os nosos rapaces e rapazas se o xogaran todo nunha soa baixada. Non foi un gran día, sobre toda para as mozas, pois o circuíto foi trazado para ser rápido e moi técnico no que o máis mínimo fallo ten un custo moi elevado. Isto fixo que solo se clasificaran para semifinais Emilio Rodríguez en k1 sénior, Brais Castro en k1 e c1 cadete e Manuel Ochoa en k1 cadete . Na mañá do domingo, a primeira hora celebráronse as semifinais, entrando en finais Brais Castro en C1 e k1 cadete e Manuel Ochoa en k1 cadete. En kaiak, onde o nivel é altísimo Brais rematou sétimo e Manuel noveno. Aínda que son uns postos impensables no piragüismo galego fai uns anos, tanto Manuel como Brais tiñan aspiracións a medalla, pero falloulles a sorte. Pero non se veo de baleiro de terras cataláns, pois a sorte si acompañou a Brais na categoría canoa acadando a primeira posición e polo tanto medalla de ouro para o noso “teixugo”. Na clasificación final por equipos O Deportivo Miño quedou en sétimo lugar, sendo o mellor clasificado dos clubs galegos. Esta foi a última competición das catro que formaron a IX Liga de Slálom Olímpico “Manuel Fonseca”, na que os “teixugos” obtiveron resultados históricos e impensables fai uns anos. A próxima cita será en Arbo no Campionato Galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario