Esta fin de semana o Club Deportivo Miño- Teixugos fixo fronte a súa
segunda competición na Liga Española de slálom olímpico. A sorte non estivo do
lado dos Teixugos na localidade catalá de Ponts, aínda que os postos acadados
serían impensables fai uns anos.
Este ano a Federación cambiou o sistema de competición, tendo lugar en dous
días, sumándose os postos obtidos, de tal maneira que un primeiro posto suma
cero puntos, un segundo dous, un terceiro tres, e así sucesivamente.
Os Teixugos acudiron con 5 piragüistas a esta Copa de España: Emilio
Rodríguez, Andrea González, Brais Castro, Manuel Ochoa e Marco Patiño.
Emilio rematou no posto 22 na categoría K1 sénior home e Marco Patiño foi vixésimo
oitavo en k1 cadete home.
Andrea González quedou décima o sábado e oitava no domingo, resultando
oitava na final de k1 muller sénior. O mesmo posto obtivo Brais Castro en C1
home xuvenil home despois de ser sétimo o sábado e oitavo o domingo. Brais fixo
dobrete, e participou tamén en k1 xuvenil home onde foi undécimo, cun décimo posto
o sábado e un sétimo o domingo.
Manuel Ochoa o sábado rematou terceiro e o domingo décimo, despois de que
un erro nos cronómetros lle obrigara a repetir a súa baixada; acabando cun
quinto posto en k1 home xuvenil.
A X Liga de Slálom Olímpico Manuel Fonseca rematará o 1 e 2 de agosto na
localidade francesa de Orthez coa celebración do Campionato de España
No hay comentarios:
Publicar un comentario