Este
sábado tivo lugar no Ézaro en Dumbría a 4ª competición da Copa Galega de
Promoción de Slálom, a que non faltaron os máis pequenos do Club Deportivo
Miño.
Os resultados foron máis que satisfactorios para os teixuguiños. Ariadna Pereira acadou dous ouros nas categorías C1 e K1 infantil, Ainhoa Barreiro tamén ouro en K1 Alevín e prata en C1, a súa compañeira de categoría Alba Soutelo foi ouro en C1 e prata en K1; seguindo na categoría Alevín pero masculina, Sergio Martínez conseguiu ouro en caiac e prata en canoa por detrás de Samuel Castro que foi ouro.

Seis
primeiros postos e tres segundos son un moi bo resultado para estes pequenos
deportistas
Na
clasificación por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos rematou terceiro, sendo
gañador o Penedo de Caldelas seguido do
Club Tea de Mondariz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario