Esta tempada, cada Copa de España consta de dúas competicións separadas, coas súas clasificatorias e finais diferenciadas, a primeira celebrada o sábado e a segunda o domingo.
Ó evento
acudiron máis de 200 piragüistas de toda España, dos cales oito eran
representantes do Deportivo Miño-Teixugos, que remataron con catro medallas,
tres pratas e un bronce, e foron quen de facer catorce finais de dezaseis
posibles.
En k1 veterano, Emilio Rodríguez, subiu ao podio nas dúas xornadas ao conseguir tanto sábado como domingo a medalla de prata
En K1 sénior Laura Alonso non foi quen de meterse en finais, rematando décimo sétima o sábado e vixésima o domingo.
En K1 xuvenil, Ainhoa Barreiro e Alba Soutelo entraron en finais nos dous días, Ainhoa rematou oitava na primeira e novena na segunda final, mentres que Alba o sábado a piques estivo de subir ao podio ao rematar cuarta e o domingo foi oitava.
Alba Soutelo tamén baixou en canoa ou C1, e ao igual que en caiac, foi quen de meterse nas finais nos dous días, o sábado rematou oitava, e o domingo, nunha impresionante baixada, limpa e libre de penalizacións, subiu ao podio co segundo mellor tempo.
En C1 sénior, Brais Castro, tamén superou as clasificatorias, e xa nas finais foi oitavo o sábado e sexto o domingo.
En K1 sénior, Manuel Ochoa, destacou nas clasificatorias, o sábado foi segundo e o domingo primeiro, e xa nas finais o primeiro día acadou a medalla de bronce e no domingo, aínda que fixo tempo de medalla, as penalizacións por toques deixárono en quinto lugar.
En K1 xuvenil, Alexis Segadaes non superou as clasificatorias en ningunha das xornadas, rematando décimo sexto e trixésimo sexto. Na mesma categoría Sergio Rodríguez foi finalista nos dous días, rematando quinto o sábado e sexto o domingo.
Papel moi destacado e destacable do Club Deportivo Miño-Teixugos, e do slálom galego, nesta segunda cita da Liga Española, con varias medallas e moitos deportistas en finais dos cinco clubs galegos.
Na clasificación final por equipos, os Teixugos, remataron quintos na xornada do sábado e sextos o domingo.
Fotos xentileza de Norbert Aguilera
No hay comentarios:
Publicar un comentario