Os mellores deportistas do slálom español déronse cita nesta primeira copa, que como figura na normativa da Federación, consta de dúas competicións diferenciadas, unha o sábado e outra o domingo.
Máis de douscentos piragüistas acudiron ao evento. Todos participaron nas semifinais, e os dez mellores de cada categoría pasaron á final.
O Club Deportivo Miño levou a oito deportistas que tiveron unha máis que destacada participación.
Luís Fernández, en C1 sénior, tivo unha actuación brillante. Acadou as finais nos dous días, rematando o sábado terceiro e o domingo primeiro, bronce e ouro para o canoísta de Salceda. Na mesma categoría Brais Castro so participou o domingo, fixo final e rematou en décimo lugar.
Manuel Ochoa, en K1 sénior, tamén superou as semifinais os dous días. O sábado acadou a medalla de bronce ao rematar terceiro e o domingo quedou cuarto.
Emilio Rodríguez, en k1 veterano, rematou quinto no primeiro día, e subiu ao podio na segundo, acadando a medalla de bronce.
Adrián Lluch, en k1 júnior, fixo dúas baixadas correctas, pero quedou lonxe das finais nos dous días.
Alba Soutelo estreouse na categoría absoluta ou sénior de canoa. O sábado tivo unha actuación impresionante o conseguiu entrar nas finais, rematando décima; o domingo acadou o décimo terceiro lugar
En k1 sénior participaron Laura Alonso e Ainhoa Barreiro. Ningunha chegou a finais, rematando Laura décimo oitava sábado e décimo sexta domingo. Ainhoa foi décimo novena ámbolos dous días.
Na clasificación final por equipos, o Club Deportivo Miño-Teixugos, rematou noveno o sábado e oitavo o domingo.
Bo balance nesta Primeira Copa de España para os Teixugos con catro medallas, tres bronces e un ouro.
Rematar salientando a necesidade dunha canle de augas bravas en Galicia para organizar este tipo de eventos sen contratempos, pois ao longo das dúas xornadas houbo varias baixadas de caudal que prexudicaron a algúns participantes, pois ao ser tan longas é complicado manter un fluxo continuado de auga, dependendo sempre da administración das presas ou da chuvia caída.
No hay comentarios:
Publicar un comentario