Esta pasada fin de semana deu comezo nas augas do río Tea, ao seu paso por Mondariz Balneario, a primeira competición do ano de Slálom. O sábado 13 disputouse a 1ª Copa Galega de Novas Promesas e o domingo a 1ª Copa Galega de Slálom. O Club Deportivo Miño-Teixugos, acudiu aos eventos cunha representación reducida, pero que desempeñou un gran papel.
O sábado déronse cita as categorías máis novas do panorama galego. Estas competicións teñen como fin a promoción do slálom entre os máis pequenos, que melloran a súas competencias técnicas e socializan cos deportistas doutros clubs, pois neste deporte a rivalidade é contra as augas e o río. A mellor actuación dos teixuguiños correspondeulle a Leila Álvarez que en K1 muller infantil acadou a medalla de bronce, na mesma categoría Nerea Álvarez rematou cuarta. En K1 home infantil Alejandro Barreiro rematou quinto e Brais Álvarez sexto en K1 home cadete.
O domingo competían as categorías adultas, e os resultados non puideron ser mellores. Laura Alonso foi a vencedora en K1 muller sénior, subindo ao máis alto do podio; Emilio Rodríguez gañou na categoría veteranos de K1, acadando tamén medalla de ouro; e en C1 sénior home Brais Castro rematou a final co terceiro mellor tempo, conseguindo o bronce.
Na clasificación final por equipos, o Club Deportivo Miño-Teixugos, rematou cuarto nas dúas competicións, pois aínda que os resultados foron bos, o número de participantes do club foi moi minguado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario