domingo, 17 de abril de 2011

OS TEIXUGOS NA 2ª COPA GALEGA DE SLALOM EN PADRÓN

O longo da mañán deste domingo celebrouse en Padrón, no río Ulla a 2ª Copa do circuíto galego de slálom. Participaron equipos de toda Galicia, entre eles os Club Deportivo Miño-Teixugos. Como xa é habitual as medallas repartíronse entre tódolos equipos participantes. Os Teixugos conseguiron 2 ouros, 4 pratas e 3 bronces. Por equipos acadaron o primeiro posto.

O vindeiro domingo tocaralle aos máis pequenos en Gondomar coa Copa Galega de Promoción.






sábado, 9 de abril de 2011

domingo, 13 de marzo de 2011

COPA GALEGA DE PROMOCIÓN “DAVID CASTRO” DE SLALOM


Este domingo día 13 celebrouse no río da Pedra, en Tomiño a 1º competición da Copa Galega de promoción de Slalom da tempada 2011. Como xa é habitual dende fai anos o Slalom da Pedra inaugura a tempada galega, e partir de este ano pasará a chamarse David Castro en homenaxe ao padeeiro falecido fai agora un ano.
No remate da competición o equipo dos Teixugos quedou en segundo lugar por detrás do club de Dumbría. Os teixugos fixéronse cun total de 7 medallas: Clara González conseguiu un ouro en k1 alevín, Marina Ruedas ouro en K1 infantil e prata en C1 infantil, Claudia Otero conseguiron ouro en C1 infantil e prata en K1 infantil e Brais Castro ouro en K1 infantil e bronce en C1 infantil.
No remate rendeuse unha emotiva homenaxe a David Castro, o teixugo falecido no río Vez en Portugal. Ademais dos teixugos asistiron familiares e amigos de David, membros doutros clubs galegos, varios concelleiros e a alcaldesa. Pronunciáronse palabras de eloxio recordando a súa persoa por parte de amigos, o presidente do club,o concelleiro de deportes, o vicepresidente da Federación Galega de piragüismo e a alcaldesa. Tamén se lle fixo un vídeo de homenaxe e descubriuse unha placa na súa hora na que se pode ler: “A vida é coma un río cheo de ondas, rulos, saltos e sorrisos...¡Pura vida!”


Recordando a David Castro from teixugos on Vimeo.




domingo, 27 de febrero de 2011

TEIXUGOS EN FRIDAO-AMARANTE

Na localidade portuguesa de Fridao, en Amarante, celebrouse este domingo os XVII Slalom Internacional de Fridao, que contou coa participación de clubs portugueses, galegos, vascos e unha representación de piragüistas da República Checa. Os Teixugos acudiron ao evento, pero con pouca fortuna desta vez, xa que ningún teixugo deu entrado na final celebrada pola tarde. O mellor clasificado foi Antón Ucha que na categoría C1 no posto 14. En xeral os primeiros postos quedaron para vascos, checos e portugueses, aínda que algúns galegos doutros clubs entraron nas finais. A próxima cita dos Teixugos de categorías superiores será a vindeira fin de semana en Pau, Francia, onde participaran na Copa de España.

lunes, 21 de febrero de 2011

TEIXUGOS NO TAMUXE

Este sábado aproveitando a fartura de auga os Teixugos baixaron o Tamuxe. Pablo fixo algunhas fotos moi espectaculares.

domingo, 30 de enero de 2011

TAÇA IBÉRICA DE SLALOM

Este domingo os Teixugos participaron na súa primeira competición da tempada 2011. O evento foi organizado polo concello de Tomiño, a cámara de Vilanova de Cerveira e o Club Deportivo Miño-Teixugos,en Covas, Vilanova de Cerveira; participaron clubs galegos e portugueses. A xornada non saíu segundo os plans iniciais, pois recén comezada cortouse o subministro de auga, despois de falar cos responsables o fluxo de auga normalizouse pero a competición reduciuse a unha soa manga das tres previstas. O remate, dous clubs portugueses acadaron a 1º e 2º praza, quedando os no Teixugos no 3º lugar por equipos. Individualmente os teixugos viñeron cunha medalla de ouro en C2 para Iago Patiño e Santiago Oliveira; cinco de prata para Andrea González, Adrián Rodríguez, Guillermo Martínez, Víctor González e Emilio Carrera; e tres de bronce para Andrea González e Miguel Valcárcel que se fixo con dúas.


A vindeira cita será no Entroido en Francia onde terá lugar a 1º Competición do campionato de España de Slalom Olímpico para os Teixugos de categorías superiores. Os máis pequenos estrearanse no río da Pedra o 13 de marzo coa primeira competición da Liga Galega de Promoción, na que se renderá unha homenaxe a David Castro.

sábado, 13 de noviembre de 2010

TORNEO AMISTOSO EN MONDARIZ BALNEARIO

Teixugos, Tea e un equipo de Melgaço xuntáronse este sábado nuha xornada máis festiva que competitiva. O río gustou moito e aínda que a choiva non abandonou en todo o día todos parecían contentos. Para ver as fotos da xornada premer AQUÍ