domingo, 15 de mayo de 2011

3ª COPA DE ESPAÑA-PADRÓN

Esta fin de semana celebrouse na localidade de Padrón, no río Ulla, a terceira competición da VI Liga de Slálom Olímpico”División de Honor”. Organizada pola Federación Galega contou coa participación de 200 piragüistas pertencentes a 22 clubs de toda España e tamén da veciña Portugal. 
O sábado celebráronse as clasificatorias, o forte vento que soprou ao longo de todo día movía as portas e dificultaba a realización do circuíto. 
O domingo celebráronse semifinais e finais . O nivel dos participantes foi moi alto, e coma xa é habitual, vascos e cataláns xunto cos portugueses coparon os primeiros postos.
Tres Teixugos: Andrea González, Adrián Rodríguez e Guillermo Martínez entraron nas finais de K1 cadete feminino, K1cadete masculino e K1 xuvenil masculino respectivamente.
As dúas anteriores competicións da Copa de España celebráronse na localidade francesa de Pau e na catalá de Fraga. O club tomiñés tamén meteu a a varios padexeiros nas finais
Queda patente nos resultados a falta de apoio e infraestruturas que este fermoso deporte ten na nosa comunidade, aínda que ano a ano os clubs galegos vanse superando.

domingo, 24 de abril de 2011

2ª COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLALOM

Este domingo celebrouse en Gondomar a 2º Copa Galega de Promoción de Slálom, na que se deron cita piragüistas de toda a comunidade Galega. Nas competicións de “promoción” entran os deportistas máis pequenos, as categorías infantil, alevín e benxamín.
O Club Deportivo Miño-Teixugos levou a seis piragüistas e rematou con catro medallas de ouro: Brais Castro en K1 infantil, Clara González en K1 alevín, Claudia Otero en K1 infantil e Marina Ruedas en C1 infantil; e tres de prata: Andrea Padilla en K1 benxamín, Marina Ruedas en K1 infantil e Claudia Otero en C1 infantil. Na clasificación final por clubs os Teixugos quedaron primeiros, seguidos de cerca polo Club de Piragüismo de Dumbría e no terceiro lugar os organizadores da proba, o Val Miñor de Nigrán.

domingo, 17 de abril de 2011

OS TEIXUGOS NA 2ª COPA GALEGA DE SLALOM EN PADRÓN

O longo da mañán deste domingo celebrouse en Padrón, no río Ulla a 2ª Copa do circuíto galego de slálom. Participaron equipos de toda Galicia, entre eles os Club Deportivo Miño-Teixugos. Como xa é habitual as medallas repartíronse entre tódolos equipos participantes. Os Teixugos conseguiron 2 ouros, 4 pratas e 3 bronces. Por equipos acadaron o primeiro posto.

O vindeiro domingo tocaralle aos máis pequenos en Gondomar coa Copa Galega de Promoción.






sábado, 9 de abril de 2011

domingo, 13 de marzo de 2011

COPA GALEGA DE PROMOCIÓN “DAVID CASTRO” DE SLALOM


Este domingo día 13 celebrouse no río da Pedra, en Tomiño a 1º competición da Copa Galega de promoción de Slalom da tempada 2011. Como xa é habitual dende fai anos o Slalom da Pedra inaugura a tempada galega, e partir de este ano pasará a chamarse David Castro en homenaxe ao padeeiro falecido fai agora un ano.
No remate da competición o equipo dos Teixugos quedou en segundo lugar por detrás do club de Dumbría. Os teixugos fixéronse cun total de 7 medallas: Clara González conseguiu un ouro en k1 alevín, Marina Ruedas ouro en K1 infantil e prata en C1 infantil, Claudia Otero conseguiron ouro en C1 infantil e prata en K1 infantil e Brais Castro ouro en K1 infantil e bronce en C1 infantil.
No remate rendeuse unha emotiva homenaxe a David Castro, o teixugo falecido no río Vez en Portugal. Ademais dos teixugos asistiron familiares e amigos de David, membros doutros clubs galegos, varios concelleiros e a alcaldesa. Pronunciáronse palabras de eloxio recordando a súa persoa por parte de amigos, o presidente do club,o concelleiro de deportes, o vicepresidente da Federación Galega de piragüismo e a alcaldesa. Tamén se lle fixo un vídeo de homenaxe e descubriuse unha placa na súa hora na que se pode ler: “A vida é coma un río cheo de ondas, rulos, saltos e sorrisos...¡Pura vida!”


Recordando a David Castro from teixugos on Vimeo.




domingo, 27 de febrero de 2011

TEIXUGOS EN FRIDAO-AMARANTE

Na localidade portuguesa de Fridao, en Amarante, celebrouse este domingo os XVII Slalom Internacional de Fridao, que contou coa participación de clubs portugueses, galegos, vascos e unha representación de piragüistas da República Checa. Os Teixugos acudiron ao evento, pero con pouca fortuna desta vez, xa que ningún teixugo deu entrado na final celebrada pola tarde. O mellor clasificado foi Antón Ucha que na categoría C1 no posto 14. En xeral os primeiros postos quedaron para vascos, checos e portugueses, aínda que algúns galegos doutros clubs entraron nas finais. A próxima cita dos Teixugos de categorías superiores será a vindeira fin de semana en Pau, Francia, onde participaran na Copa de España.

lunes, 21 de febrero de 2011

TEIXUGOS NO TAMUXE

Este sábado aproveitando a fartura de auga os Teixugos baixaron o Tamuxe. Pablo fixo algunhas fotos moi espectaculares.