lunes, 30 de julio de 2012
SORT, CAMPIONATO DE ESPAÑA NOVAS PROMESAS
Tres Teixugos participaron este sábado na 2ª competición do Campionato de España de Novas Promesas que se celebrou na localidade ilerdense de Sort. Brais Castro e Manuel Ochoa participaron nas modalidades K1 eC1 Infantil A Home e Clara González en K1 e C1 Infantil B Muller. Aínda que non deron conseguido medalla fixeron un moi digno papel, tendo en conta o nivel de vascos e cataláns. Clara, a benxamina do grupo conseguiu a 7ª posición en K1 e non deu rematado o circuíto en C1, que só deron feito tres das participantes, xa que a modalidade de canoa(C1), de xeonllos e cunha pa dunha soa folla, apréndese despois da de kaiak(K1) na que van sentados e cunha pa de dúas follas. Manuel Ochoa quedou undécimo en C1 e oitavo en K1. Brais Castro foi o que obtivo mellores resultados con dous sétimos postos tanto en C1 coma en K1. “Os Teixugos” foi o club galego que obtivo unha mellor clasificación neste campionato.
Na provincia de Lleida atópase un triángulo máxico para o piragüismo de augas bravas, formado polas localidades de Sort, Ponts e a Seu D´Urgell, que contan con cadanseu canle de augas bravas. Aproveitando a ocasión un numerosos grupo de teixugos uníronse aos máis pequenos e desprazáronse ata Sort para adestrar, xuntándose alí con outros galegos do Club tea de Mondariz e cos do Club de Dumbría. Os adestramentos fixéronse nas canles de Ponts e Sort que son gratuítas, non así a da Seu.
Nesa semana estívose celebrando tamén en Ponts 49 Rally Internacional da Noguera Pallaresa, aproveitando os nosos piragüistas, participaron en varios dos seus actos, o xoves participaron no rafting nocturno, o venres pola mañá no Open internacional de slálom por patrullas e pola tarde no vistoso concurso de esquimotaxes. Destacar aquí a participación de Andrea González que pasou a final celebrada o sábado a noite se fixo coa primeira praza do concurso de esquimotaxe, nunha memorable actuación. Noraboa Andrea!!!!
A vindeira cita será en Dumbría onde o sábado día 4 de agosto onde terá lugar o “IV Campeonato de España de Jóvenes Promesas”
domingo, 20 de mayo de 2012
HISTÓRICO TERCEIRO POSTO DOS TEIXUGOS NA 3ª COPA DE ESPAÑA DE SLALOM
Esta fin de semana celebrouse en Padrón a 3º competición da Liga Española de Slálom Olímpico, na que participaron equipos de augas bravas de toda a xeografía española. Na mañá do sábado tiveron lugar as clasificatorias para as semifinais, entrando en semifinais 8 piragüistas do Club Deportivo Miño- Teixugos. Estas probas foron tamén valedoiras e puntuables para a Copa Galega de Slálom.
Durante a mañá do domingo celebráronse as semifinais e finais. Destacar as medallas de bronce conseguidas por Andrea González e Sara Vázquez en K1 feminino cadete e C1 feminino cadete respectivamente. Na clasificación final por equipos o Atlético San Sebastián da cidade do mesmo nome alzouse co primeiro posto, seguido do Cadi Canoe Kayak da localidade catalá da Seu d`Urgell e no terceiro lugar quedaron os Teixugos, sendo o mellor posto acadado por un club galego en augas bravas.
Durante a mañá do domingo fíxose entrega tamén das medallas da Copa Galega De Slálom, para a que se tiveron en conta os tempos das clasificatorias do sábado. Sara Vázquez foi ouro en K1 e C1 cadete feminino, Laura Alonso bronce en k1 Cadete feminino e prata en C1 cadete feminino, Andrea González prata en K1 cadete feminino e Guillermo Martínez bronce en K1 sénior masculino. Por equipos o Club Deportivo Miño,quedou primeiro, seguido do Club Tea de Mondariz e do Piragüismo Baiona en terceiro lugar.
domingo, 8 de abril de 2012
O CLUB DEPORTIVO MIÑO GAÑA A 2ª COMPETICIÓN DA COPA GALEGA DE SLALOM
Este domingo celebrouse en Padrón a 2ª Competición da Copa Galega de Slálom coa participación de sete clubs de toda Galicia. O Club Deportivo Miño acudiu con 13 Deportistas de distintas categorías, tres dos cales non puntuaron pois foron de abridores, xa que pertencían a categorías de promoción.
Ao final da xornada os Teixugos alzáronse un total de sete medallas: Tres medallas de ouro, dúas para Sara Vázquez nas categorías C1 e K1 muller xuvenil e outra para Laura Alonso en K1 muller cadete; dúas de prata, unha en K1 muller xuvenil para Andrea González e outra para Guillermo Martínez en K1 sénior homes; dúas de bronce para Laura Alonso en C1 muller xuvenil e outra para Marina Ruedas en K1 muller cadete.
Na suma final de puntos o Club Deportivo Miño-Teixugos quedou primeiro cun total de 217 puntos, seguidos polo Tea-Mondaríz con 139 e o terceiro lugar foi acadado polo Dumbría con 116 puntos.

1ª COMPETICIÓN DA COPA DE ESPAÑA DE SLÁLOM- IRÚN
O 17 e 18 de marzo o club acudiu a localidade vasca de Irún para participar na 1ª Competición da Copa de España de Slálom, onde Guilermo Martínez e Claudia Otero entraron en Semifinais e chegaron a final Andrea González que rematou octava e Sara Vázquez que se fixo coa medalla de ouro na categoría K1 muller cadete. Na clasificación por clubs os Teixugos remataron en octavo lugar.
A próxima cita será o 14 e 15 de abril na Seu D´Ugell, en Lleida,o onde se celebrará a 2ª Competición da Copa de España.

domingo, 29 de enero de 2012
OS TEIXUGOS INICIAN A TEMPADA 2012 NA TAÇA IBÉRICA DE SLALOM
Este domingo celebrouse na localidade portuguesa de Covas, en Vilanova de Cerveira a Taça Ibérica de Slálom. Este torneo, puntuable para o campionato galego,estivo organizado polas federacións portuguesa e galega de piragüismo. Participaron tódolos clubs galegos de augas bravas e os do veciño Portugal. Os Teixugos acudiron con 10 piragüistas das categorías cadete, xuvenil e sénior que participaron nas modalidades C1, C2 e K1.
A proba, que tivo lugar ao longo de todo o día, constou de tres mangas: clasificatoria, semifinais e finais. Os Teixugos pecharon o día con catro ouros para Sara Vázquez en K1 e C1 junior, Marina Rueda en K1 cadete e Claudia Otero en C1 cadete; tres pratas para Andrea González en K1 junior, Marina Rueda en C1 cadete e Claudia Otero en K1 cadete; e tres bronces para Víctor González e Pablo Vicente en C2, Claudia Otero en K1 cadete, Andrea González en C1 junior. Na clasificación final por clubs o “Club Deportivo Miño-Teixugos” quedou en terceiro lugar por detrás do Águas Bravas Clube de Amarante e da Associaçao Desportiva tamén de Amarante, sendo polo tanto o club galego mellor clasificado.
Con esta xornada de irmandamento , dáse comezo a tempada 2012, que esperamos que sexa tan frutífera e positiva coma a pasada, na que o club tomiñés acadou o primeiro posto na Liga Galega de Augas Bravas.

sábado, 5 de noviembre de 2011
O CONCELLO DE TOMIÑO ORGANIZA UNHA RECEPCIÓN AO CLUBE DE PIRAGÜISMO OS TEIXUGOS.
O clube tomiñés acadou o primeiro posto na Liga Galega de Augas Bravas 2011
O Concello de Tomiño celebrou esta mañán unha recepción ao Clube Deportivo Miño-Teixugos co gallo do seu primeiro posto na Liga Galega de Augas Bravas 2011. A Federación Galega de Piragüismo outorgou a victoria ao clube tomiñés despois de sumarse todas as puntuacións obtidas polo clube nas distintas competicións deste ano. Este é o quinto ano consecutivo da victoria dos Teixugos na Liga Galega.
O Concello de Tomiño quere recoñecer ao clube dos Teixugos os seus continuos logros que acrecentan a súa traxectoria deportiva. Ademáis a súa victoria na Liga Galega de Augas Bravas se lle suman o primeiro posto na Copa Galega de Slálom e na Copa Galega de Promoción do Slalóm.
No acto desta mañán, a Alcaldesa, Sandra González, e a concelleira de deportes, Cristina Martínez, fixeron entrega aos piragüistas dun póster no que se recollen fotografías de todos eles competindo. Asimesmo, fíxoselle entrega ao presidente do clube, Pablo Pousa, dunha placa conmemorativa.
A concelleira de deportes, Cristina Martínez, destacou “a deportividade dos piragüistas e o seu esforzo continuo por acadar novos éxitos para o clube”.
A Alcaldesa, Sandra González, pola súa parte, tivo un emotivo recordo para un dos impulsores do clube, David Castro. Destacando “o seu inolvidable traballo a prol do clube e dos seus rapaces”.
Como representantes do clube interviron Pablo Pousa, presidente, e Emilio Rodríguez, entrenador. Pablo Pousa animou aos deportistas a “seguir traballando no piraguismo unha nova temporada e a loitar por novas victorias.” Emilio Rodríguez, o entrenador, reflexionou sobre “ a gloria e o dolor” para explicar que a gloria é conseguir triunfos e o dolor é non conseguilos.
(Artigo extraído de http://concellodetomiño.es/)

martes, 18 de octubre de 2011
OS TEIXUGOS CAMPIÓNS DA LIGA GALEGA DE AUGAS BRAVAS 2011
A Federación Galega de Piragüismo ven de publicar os resultados finais da tempada 2011, que acaba de rematar. Estes resultados obtéñense sumando as puntuacións obtidas por cada club nas distintas competicións deste ano.
Na Liga Galega de Augas Bravas, que comprende os resultados de slálom, promoción de slálom, descenso de augas bravas e estilo libre, o Club Deportivo Miño-Teixugos de Tomiño quedou primeiro cun total de 1177 Puntos, seguidos polo Club Montaña Quixós de Monforte de Lemos con 1092 puntos e en terceiro lugar o Club Piragüismo Dumbría con 1015 puntos.
Na clasificación final da Copa Galega de Slálom, na que se teñen en conta os resultados das catro competicións desta modalidade, o club tomiñés volve quedar primeiro cun total de 431 puntos, en segundo lugar quedou o Club Tea de Mondaríz con 421 e en terceiro lugar o Club Val Miñor de Nigrán con 408 puntos.
Na clasificación final da Copa Galega de Promoción de Slálom, na que se suman os puntos obtidos nas seis competicións de promoción, o teixugos repiten primeiro posto cun total de 645 puntos, seguido polo Montaña Quixós con 591 e polo Val Miñor con 584.
Por último, na Copa Galega de Descenso de Augas Bravas o Club quedou no quinto lugar por detrás do Club Fluvial o Barco, Club Montaña Quixós, Club Tea de Mondariz e o Club Fluvial de Lugo.
Pódense ver estas clasificacións premendo AQUÍ.
Engadir aquí que na competición de Dumbría, a última celebrada, houbo un erro no reconto final de puntos, quedando os Teixugos campións da Copa Galega, e non segundos como en principio parecía; correspondéndolle a segunda praza ao Tea de Mondariz.
Os Teixugos móstranse orgullosos deste logros, conseguidos co seu esforzo e a pesar do pouco apoio co que conta este fermoso deporte a tódolos niveis. Aínda que o Club ten a súa base en Goián, conta nas súas filas, ademais de tomiñeses, con xente do Rosal e da Guarda; por iso animan a tódolos nenos e nenas do Baixo Miño a que se anoten e comecen a practicar un deporte no que os amigos e a deportividade están garantidos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)