lunes, 18 de agosto de 2014

RIBADUMIA-CAMPIONATO GALEGO DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM

   Este domingo celebrouse en Ribadumia o Campionato Galego de Promoción de slálom co que se pecha a Liga Galega de Promoción deste ano. En promoción entran os nenos e nenas de 8 a 14 anos, é dicir os máis pequenos de cada club.
    O Club Deportivo Miño-Teixugos acadou tres medallas de ouro, unha de prata e unha de bronce. Os tres ouros foron para Ainhoa Barreiro en K1 Muller Benxamín, Ariadna Pereira en K1 Muller Alevín e para Sergio Martínez en K1 Home Benxamín; a de prata foi para Alba Soutelo en K1 Muller Benxamín e o bronce para Samuel Castro en K1 Home Benxamín.
   A pesares do medalleiro na clasificación final por equipos os Teixugos so conseguiron acadar un 5º posto, debido fundamentalmente a que os outros clubs acudiron con un grupo máis numeroso de pequenos deportistas.
    Como remate destacar que esta longuísima Liga de Promoción, ademais do Campionato Galego, contou con seis competicións de Copa Galega( Tomiño, Mondariz, Gondomar, Tui, Monforte e Caldelas). Nelas hai que destacar o papel feito polos nosos pequenos campións: Ainhoa Barreiro, Ariadna Pereira alzáronse co ouro en todas elas, Sergio Martínez cinco ouros e unha de prata, Alba Soutelo acadou seis pratas e Samuel Castro unha de ouro, dous bronces e tres de prata. Norabóa a estes campeóns!

domingo, 27 de julio de 2014

CAMPIONATO DE ESPAÑA- SEU D´URGELL

Esta fin de semana tivo lugar na canle olímpica da Seu D`Urgell o Campionato de España de slálom olímpico. O club Deportivo Miño- Teixugos acudiu con nove deportistas. Na primeira xornada do sábado tiveron lugar as clasificatorias a unha soa manga. Isto fixo que os nosos rapaces e rapazas se o xogaran todo nunha soa baixada. Non foi un gran día, sobre toda para as mozas, pois o circuíto foi trazado para ser rápido e moi técnico no que o máis mínimo fallo ten un custo moi elevado. Isto fixo que solo se clasificaran para semifinais Emilio Rodríguez en k1 sénior, Brais Castro en k1 e c1 cadete e Manuel Ochoa en k1 cadete . Na mañá do domingo, a primeira hora celebráronse as semifinais, entrando en finais Brais Castro en C1 e k1 cadete e Manuel Ochoa en k1 cadete. En kaiak, onde o nivel é altísimo Brais rematou sétimo e Manuel noveno. Aínda que son uns postos impensables no piragüismo galego fai uns anos, tanto Manuel como Brais tiñan aspiracións a medalla, pero falloulles a sorte. Pero non se veo de baleiro de terras cataláns, pois a sorte si acompañou a Brais na categoría canoa acadando a primeira posición e polo tanto medalla de ouro para o noso “teixugo”. Na clasificación final por equipos O Deportivo Miño quedou en sétimo lugar, sendo o mellor clasificado dos clubs galegos. Esta foi a última competición das catro que formaron a IX Liga de Slálom Olímpico “Manuel Fonseca”, na que os “teixugos” obtiveron resultados históricos e impensables fai uns anos. A próxima cita será en Arbo no Campionato Galego.