martes, 30 de junio de 2015

CAMPIONATO GALEGO DE SLÁLOM, PADRÓN 28 XUÑO DE 2015


Este domingo celebrouse en Padrón, nas augas do río Ulla,  o Campionato Galego de Slálom, a competición máis importante da Liga Galega de slálom. Participaron  clubs galegos e portugueses, aínda que estes últimos non contaban para o medalleiro.
A competición tivo lugar ao longo de todo o día. O Club Deportivo Miño- Teixugos participou con 8 piragüistas, moitos dos cales participaron en dúas modalidades ,canoa e  kaiak.
Remataron como campionas galegas Andrea González en K1 sénior, Sara Vázquez en C1 sénior e Marina Ruedas en K1 júnior. Acadaron medallas de prata Laura Soutelo en K1 júnior, Brais Castro en C1 júnior e  Manuel Ochoa en K1 júnior; e foron bronce Sara Vázquez en K1 sénior, Emilio Rodríguez en K1 sénior, Brais Castro en K1 júnior e Laura Alonso en C1 sénior.
Na modalidade de patrullas, tanto o equipo feminino, formado por Laura Alonso, Andrea e Sara, coma o masculino, formado por Brais, Manuel e Emilio, resultaron gañadores, e por tanto, campións galegos.
Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos rematou segundo por detrás do Club Tea de Mondariz.
Máis fotos AQUÍ
 

3ª COMPETICIÓN DA LIGA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM- RIBADUMIA-23 MAIO 2015

FOTOS

lunes, 15 de junio de 2015

3ª COPA DE ESPAÑA 2015-PONTS



Esta fin de semana o Club Deportivo Miño- Teixugos fixo fronte a súa segunda competición na Liga Española de slálom olímpico. A sorte non estivo do lado dos Teixugos na localidade catalá de Ponts, aínda que os postos acadados serían impensables fai uns anos.
Este ano a Federación cambiou o sistema de competición, tendo lugar en dous días, sumándose os postos obtidos, de tal maneira que un primeiro posto suma cero puntos, un segundo dous, un terceiro tres, e así sucesivamente.
Os Teixugos acudiron con 5 piragüistas a esta Copa de España: Emilio Rodríguez, Andrea González, Brais Castro, Manuel Ochoa e Marco Patiño.
Emilio rematou no posto 22 na categoría K1 sénior home e Marco Patiño foi vixésimo oitavo en k1 cadete home.
Andrea González quedou décima o sábado e oitava no domingo, resultando oitava na final de k1 muller sénior. O mesmo posto obtivo Brais Castro en C1 home xuvenil home despois de ser sétimo o sábado e oitavo o domingo. Brais fixo dobrete, e participou tamén en k1 xuvenil home onde foi undécimo, cun décimo posto o sábado e un sétimo o domingo.
Manuel Ochoa o sábado rematou terceiro e o domingo décimo, despois de que un erro nos cronómetros lle obrigara a repetir a súa baixada; acabando cun quinto posto en k1 home xuvenil.
A X Liga de Slálom Olímpico Manuel Fonseca rematará o 1 e 2 de agosto na localidade francesa de Orthez coa celebración do Campionato de España




domingo, 1 de marzo de 2015

1ª COPA DE ESPAÑA DE SLÁLOM- SEU D´URGELL

O Club Deportivo Miño participou esta fin de semana na 1ª Copa de España de Slálom Olímpico na canle olímpica da Seu D´Urgell en Lleida.
 Seis piragüistas do equipo partiron cara a Lleida este mércores para adestrar e familiarizarse coa difícil canle desta localidade. Mentres que Andrea González, Brais Castro e Manuel Ochoa xa levaban alí concentrados dúas semanas coa Federación Galega de Piragüismo.
 Este ano ademais esta competición forma parte do Selectivo 1 da Federación Española para configurar os equipos nacionais júnior e sub 23 para o mundial de Foz de Iguacu en Brasil.
No remate as cousas non foron mal para os Teixugos, pero non deron acadado ningunha medalla neste circuíto moi difícil para eles, pois están afeitos a remar en río e non en canle artificial. Os mellores clasificados foron Brais Castro cunha quinta posición en C1 xuvenil e Manuel Ochoa coa mesma posición en K1 xuvenil. Pódese ver os resultados picando AQUÍ.
Destacar tamén que Manuel Ochoa clasificouse para o Selectivo 2 que se se celebrará na canle de Pau en Francia os días 7 e 8 de marzo e no que lle desexamos acade os mellores resultados.


domingo, 8 de febrero de 2015

ANDREA GONZÁLEZ GAÑA O XXI SLÁLOM INTERNACIONAL DE FRIDÂO

Este domingo celebrouse na localidade portuguesa de Fridaô o XXI Slálom Internacional . O club Deportivo Miño acudiu con algún dos seus deportistas a esta cita habitual. Aínda que a proba non é puntuable para o circuíto galego, cada ano os Teixugos acoden a Fridaô como preparación para a xa inminente Liga de Slálom, tanto nacional como autonómica. Esta é unha proba difícil, pois compítese en categoría única. Todos os Teixugos entraron en finais, excepto Santiago e Adrián, que por un erro na inscrición quedaron fóra. Nas finais, Andrea González Ucha acadou unha merecida primeira posición na categoría K1 feminina. Sendo a nosa palista mellor clasificada. Nesa mesma categoría Marina Ruedas, Laura Alonso e Laura Soutelo quedaron en 4ª, 5ª e 6ª posición respectivamente. En k1 masculino Manuel Ochoa rematou 4º e Brais Castro 7º, mentres que en C1 masculino Brais Castro acadou o 5º posto. O días 28 de febreiro e 1 de marzo dará comezo o tempada nacional coa 1ª proba do Campionato de España que se celebrará na Seu D´Urgell en LLeida onde esperamos que os Teixugos fagan un bo papel na complicadísima Canle Olímpica desta cidade.

sábado, 20 de septiembre de 2014

O CONCELLO HOMENAXEA O CLUB POLOS SEUS LOGROS NA TEMPADA DE SLÁLOM

O Concello de Tomiño rendeu hoxe unha pequena homenaxe ao noso club. O acto estivo presidido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a concelleira de Deportes, Cristina Martínez. Ambas as dúas felicitaron ao club pola súa intensa labor e fixéronlle entrega ao presidente Pablo Pousa dunha placa conmemorativa.Tamén se lle entregaron placas aos deportistas que acadaron o Campionato Galego nas diferentes categorías. A través de este acto o Concello pretende promocionar e "visibilizar" máis a labor do noso club. Acudiron moitos dos nosos deportistas e Pablo recordou que a grandeza do club non está so nas medallas de ouro senón no espíritu de equipo.