lunes, 6 de octubre de 2014
sábado, 20 de septiembre de 2014
O CONCELLO HOMENAXEA O CLUB POLOS SEUS LOGROS NA TEMPADA DE SLÁLOM
O Concello de Tomiño rendeu hoxe unha pequena homenaxe ao noso club. O acto estivo presidido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a concelleira de Deportes, Cristina Martínez.
Ambas as dúas felicitaron ao club pola súa intensa labor e fixéronlle entrega ao presidente Pablo Pousa dunha placa conmemorativa.Tamén se lle entregaron placas aos deportistas que acadaron o Campionato Galego nas diferentes categorías.
A través de este acto o Concello pretende promocionar e "visibilizar" máis a labor do noso club.
Acudiron moitos dos nosos deportistas e Pablo recordou que a grandeza do club non está so nas medallas de ouro senón no espíritu de equipo.
domingo, 7 de septiembre de 2014
CAMPIONATO GALEGO DE SLÁLOM E DESCENSO DE AUGAS BRAVAS. Arbo, 6 e 7 de setembro de 2014
OS TEIXUGOS GAÑADORES O
CAMPIONATO GALEGO DE SLÁLOM
Este sábado celebrouse en Arbo o Campionato Galego de Slálom
Olímpico. A mañá non puido decorrer
mellor para os Teixugos, aínda trazado do circuíto foi bastante complicado, o
que fixo que en moitas categorías so uns poucos deran chegado a finais.
Cinco Teixugos proclamáronse campións galegos: Sara Vázquez
en C1 muller sénior, Laura Alonso en K1 muller sénior, Andrea González en K1
muller júnior, Manuel Ochoa en K1 home cadete e Brais Castro en C1 home cadete.
Ademais Laura Alonso foi tamén prata en C1 sénior, Brais Castro
bronce en K1 cadete e Alejandro Ochoa bronce en C1 sénior.
Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño
Teixugos acadou o primeiro posto, seguido polo Tea de Mondariz e o Club
Municipal de Piragüismo Dumbría.
Na mañá do domingo celebrouse tamén o Campionato Galego de Descenso
de Augas Bravas, no que os Teixugos quedaron terceiros, un moi bo posto tendo
en conta que é unha especialidade na que o club nin sequera ten barcos
adecuados e baixou en kaiaks de slálom. Laura Soutelo foi prata en K1 muller
cadete, Andrea González bronce en K1 muller júnior, Manuel Ochoa prata en k1
home cadete e Brais Castro bronce na mesma categoría.
sábado, 30 de agosto de 2014
lunes, 18 de agosto de 2014
RIBADUMIA-CAMPIONATO GALEGO DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM
Este domingo celebrouse en Ribadumia o Campionato Galego de Promoción de slálom co que se pecha a Liga Galega de Promoción deste ano. En promoción entran os nenos e nenas de 8 a 14 anos, é dicir os máis pequenos de cada club.
O Club Deportivo Miño-Teixugos acadou tres medallas de ouro, unha de prata e unha de bronce. Os tres ouros foron para Ainhoa Barreiro en K1 Muller Benxamín, Ariadna Pereira en K1 Muller Alevín e para Sergio Martínez en K1 Home Benxamín; a de prata foi para Alba Soutelo en K1 Muller Benxamín e o bronce para Samuel Castro en K1 Home Benxamín.
A pesares do medalleiro na clasificación final por equipos os Teixugos so conseguiron acadar un 5º posto, debido fundamentalmente a que os outros clubs acudiron con un grupo máis numeroso de pequenos deportistas.
Como remate destacar que esta longuísima Liga de Promoción, ademais do Campionato Galego, contou con seis competicións de Copa Galega( Tomiño, Mondariz, Gondomar, Tui, Monforte e Caldelas). Nelas hai que destacar o papel feito polos nosos pequenos campións: Ainhoa Barreiro, Ariadna Pereira alzáronse co ouro en todas elas, Sergio Martínez cinco ouros e unha de prata, Alba Soutelo acadou seis pratas e Samuel Castro unha de ouro, dous bronces e tres de prata. Norabóa a estes campeóns!

lunes, 11 de agosto de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)