OS TEIXUGOS GAÑADORES O
CAMPIONATO GALEGO DE SLÁLOM
Este sábado celebrouse en Arbo o Campionato Galego de Slálom
Olímpico. A mañá non puido decorrer
mellor para os Teixugos, aínda trazado do circuíto foi bastante complicado, o
que fixo que en moitas categorías so uns poucos deran chegado a finais.
Cinco Teixugos proclamáronse campións galegos: Sara Vázquez
en C1 muller sénior, Laura Alonso en K1 muller sénior, Andrea González en K1
muller júnior, Manuel Ochoa en K1 home cadete e Brais Castro en C1 home cadete.
Ademais Laura Alonso foi tamén prata en C1 sénior, Brais Castro
bronce en K1 cadete e Alejandro Ochoa bronce en C1 sénior.
Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño
Teixugos acadou o primeiro posto, seguido polo Tea de Mondariz e o Club
Municipal de Piragüismo Dumbría.
Na mañá do domingo celebrouse tamén o Campionato Galego de Descenso
de Augas Bravas, no que os Teixugos quedaron terceiros, un moi bo posto tendo
en conta que é unha especialidade na que o club nin sequera ten barcos
adecuados e baixou en kaiaks de slálom. Laura Soutelo foi prata en K1 muller
cadete, Andrea González bronce en K1 muller júnior, Manuel Ochoa prata en k1
home cadete e Brais Castro bronce na mesma categoría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario