domingo, 23 de febrero de 2025

FIN DE SEMANA DE ALTA COMPETICIÓN PARA OS TEIXUGOS MANU OCHOA E LUÍS FERNÁNDEZ

    Fin de semana de competición de alto nivel para os deportistas do Club Deportivo Miño-Teixugos Luís Fernández e Manuel Ochoa. 

    Manuel Ochoa atópase en Australia concentrado coa selección nacional, adestrando na canle de augas bravas de Penrith. Como remate desta concentración, esta fin de semana participaron no Australian Open, puntuable para o ranking mundial. Manu participou nas modalidades de k1 e cross . En K1 nas clasificatorias non deu acadado as finais, rematando vixésimo terceiro dun total de sesenta deportistas. En caiac cross rematou a contra reloxo undécimo, o que o meteu sen problemas nas loitas, superou octavos, cuartos e caeu nas semifinais, rematando a competición sétimo. 

    Luís, pola súa banda, foi o único representante dos Teixugos na 1ª Copa de España celebrada en Irún. As augas do rio Bidasoa recibiron ao mellor do panorama nacional en slálom. Cada Copa de España consta de dúas competicións, unha sábado e outra domingo, coas súas respectivas clasificatorias e finais. Luís Fernández competiu na modalidade de C1 sénior masculino. O teixugo entrou nas finais ámbolos dous días, rematando tanto sábado como domingo en quinto lugar, as dúas baixadas de finais levaban tempo de medalla pero as penalizacións por toques relegárono a este quinto posto. 


 

domingo, 9 de febrero de 2025

SETE MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA XV TAÇA IBÉRICA DE SLÁLOM

    As augas do Coura acolleron esta fin de semana a XV Taça Ibérica de Slálom. Esta competición tranfronteiriza, organizada polo Deportivo Miño-Teixugos e a Federación Portuguesa de Canoagem, leva xa quince anos reunindo a deportistas galegos e portugueses na aldea de Covas, en azenha de Pagade. Ao longo do sábado disputáronse as clasificatorias e as semifinais, quedando as finais para o domingo.

     Un total de 164 deportistas acudiron a cita que puntuaba para a Liga Portuguesa e para a Liga Galega. Do Club Deportivo Miño-Teixugos acudiron ao evento un total de dezasete piragüistas. 

 


    En K1 Home Veterán Emilio Rodríguez dominou nas tres mangas, rematando coa medalla de ouro da categoría. 

    En K1 Home Infantil Lois Montenegro foi o mellor dos teixugos ao rematar sexto, Alejandro Barreiro foi undécimo, Leo Álvarez duodécimo e Izán Vicente décimo terceiro. 

    En K1 Home Cadete Brais Álvarez quedou décimo segundo e Iván Cruz décimo oitavo. 

    En K1 Muller Infantil, as irmás Nerea e Leila Álvarez dominaron a proba e conseguiron ouro e prata respectivamente, na mesma categoría Rita Olveira foi cuarta, Catalina Sánchez foi quinta e Beatriz Sánchez sexta. 

    En K1 Muller Cadete, Daniela Otero rematou novena. 

    En K1 Muller Sénior Laura gañou clasificatorias e semifinais e na final quedou segunda, levándose a prata da máxima categoría , na que Ainhoa Barreiro rematou sétima e Alba Soutelo oitava. 

Na modalidade de canoa ou C1 a participación foi máis reducida pero frutífera a nivel de podios. Alba Soutelo gañou en C1 muller sénior, dominando con claridade nas tres baixadas. En C1 Infantil Nerea Álvarez tamén conseguiu un ouro; e, en C1 sénior home, Brais Castro, cunha gran participación acadou un bronce. 

    Un total de sete podios para os Teixugos nesta XV Taça Ibérica con catro medallas de ouro , dúas de prata e unha de bronce. 

    Na clasificación final por equipos, o gañador da Taça foi o Club Tea de Mondariz Balneario, seguidos do Aventura Marao Club e en terceiro lugar o Montaña Quixós de Monforte. O Club Deportivo Miño rematou no cuarto posto. 


 














 











domingo, 2 de febrero de 2025

SEIS MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA COPA IBÉRICA DE SLÁLOM

    Nas augas do río Tea, en Mondariz Balneario, deu comezo a tempada de slálom deste ano 2025 coa Copa Ibérica de Slálom. Éxito total desta proba organizada polo Club Tea de Mondariz, cun río nunhas condicións inmellorables para esta modalidade e cunha gran participación nesta primeira cita do ano. Cento oitenta saídas de participantes de dezaoito clubs, acudiron á cita clubs casteláns, asturianos, portugueses e galegos, para estes últimos os resultados contaban como a primeira Copa Galega de Slálom. 

    O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu cun gran equipo de dezaoito deportistas que deron o mellor de si mesmos nesta xornada de competencia e convivencia. 

    En K1 muller infantil a proba estivo dominada polas teixuguiñas, Nerea Álvarez foi a gañadora da proba, Leila Álvarez foi prata, Rita Olveira bronce, Catalina Sánchez cuarta e Beatriz Sánchez sexta. Nerea Álvarez levou unha segunda medalla de ouro na categoría C1 muller infantil. 

    En K1 muller cadete, Daniela Otero foi octava. 

    En K1 muller sénior Laura Alonso acadou a medalla de prata, Ainhoa Barreiro foi octava e Alba Soutelo novena. Alba tamén participou en C1 onde rematou quinta. 

    En K1 home veterano Emilio Rodríguez dominou a proba en tódalas baixadas colgándose o ouro na final. 

    Na categoría K1 home Infantil os mellores clasificados foron Izan Vicente que rematou sétimo e Lois Montenegro noveno, os dous acadaron a final. Na mesma categoría Xurxo Río foi duodécimo, Leo Álvarez décimo quinto e Alejandro Barreiro décimo sexto.      

    En K1 home cadete Brais Álvarez chegou a semifinais rematando undécimo e Iván Cruz décimo noveno. 

    En C1 home sénior Brais Castro rematou undécimo.

     Na clasificación final por equipos o gañador foi o Tea de Mondariz e o Deportivo Miño quedou noveno. 

    A próxima semana nova cita co slálom nas augas do Coura onde se celebrará a XV Taça Ibérica de Slálom. 


 






domingo, 26 de enero de 2025

IMPRESIONANTE MANU OCHOA NOS CAMPIONATOS DE OCEANÍA

    Unha parte da selección Española de slálom atópase en Penrith, Australia, adestrando con vistas ao Campionato do Mundo que se vai celebrar en outubro nesa canle de augas bravas. Manu Ochoa foi convocado pola Federación para formar parte deste equipo. Aproveitando a súa estancia no lugar todos eles participaron esta fin de semana nos Campionatos de Oceanía de Slálom. Non foi unha competición doada, pois ós deportistas australianos e neocelandeses, cun gran nivel nesta modalidade, uníronse os mellores padexeiros do mundo neste momento, como preparación e antesala aos Campionatos do mundo a celebrar nesta canle. 


 

    O venres Manu competiu nas clasificatorias de slálom, en k1. O percorrido transcorreu ben, dentro dos tempos de acceso, pero un fallo no final do circuíto deixárono en trixésimo terceiro lugar, a tres postos de entrar en semifinais. 

    No domingo, Ochoa, participou na modalidade na que é considerado dos mellores do mundo, o caiac cross. A proba comezou coa contra reloxo, que determina os 32 deportistas que pasan a clasificatorias,e o posto que se te adxudica na saída das loitas. Rematou décimo quinto, un bo posto, pero lonxe da súa potencialidade. Na primeira loita, a de clasificatorias gañou con claridade, pasando a cuartos de final. Tamén superou cuartos, entrando segundo por detrás do británico Leaver. En semifinais tiña adxudicado o peto amarelo, que non te deixa opción a elixir posición de saída, loitou ata o último momento, pero entrou terceiro por detrás do australiano Pope e o francés Madore, quedando fóra de finais. Rematou a competición nun impresionante sexto lugar dun total de sesenta participantes. 

    Un gran comezo de tempada para o teixugo Manuel Ochoa, que do 21 ao 23 de febreiro volverá a competir, nesta ocasión no Open de Australia, tamén a celebrar no Penrith Whitewater Stadium. 

    Por outra banda recordar que o 7 e 8 de febreiro, o Club Deportivo Miño-Teixugos, organiza a XV Taça Ibérica de Slálom en Azenha de Pagade, Covas. Esta tradicional competición que xunta a deportistas de España e Portugal abrirá a tempada 2025 de slálom. 


 

domingo, 29 de septiembre de 2024

SETE MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NO CAMPIONATO GALEGO DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM

     Este domingo celebrouse na praia de o Val, en Mondariz, o Campionato Galego de Promoción de Slálom, a máis importante das competicións da liga galega de promoción. Máis de oitenta deportistas de idades comprendidas entre os sete e os trece anos gozaron desta xornada de deporte e convivencia. 

     O Club Deportivo Miño-Teixugos levou un equipo moi numeroso que demostrou o gran momento do club. 

    En canoa a única representante dos teixugos foi Nerea Álvarez que rematou segunda en C1 infantil, acadando por tanto a prata. 

    En K1 infantil masculino, Iván Cruz rozou a medalla ao rematar cuarto, Alejandro Barreiro foi quinto, Izan Vicente sétimo, Xián Pérez décimo, Xurxo Río undécimo e Leo Álvarez duodécimo. 

    En K1 alevín masculino, Lois Montenegro alzouse co título de campión galego ao gañar a proba e o seu compañeiro Martín Vicente, foi oitavo. 

    En k1 benxamín masculino, Roque Olveira tamén acadou o ouro, Nicolás Piñeiro foi cuarto e Brais Vicente sexto. En K1 prebenxamín masculino, Marcos Río conseguiu a prata. 

    En k1 infantil feminino, Nerea Álvarez rematou segunda, gañando a prata, Nerea Álvarez foi cuarta, Beatriz Sánchez sexta e Catalina Sánchez sétima. 

    En K1 alevín feminino, Rita Olveira gañou con claridade, facéndose co ouro e co campionato. 

    En k1 prebenxamín feminino, Iria Álvarez tamén gañou o ouro. 

    Non puido ser máis impresionante a participación dos pequenos teixuguiños nesta competición, con Lois, Roque, Rita e Iria como campións galegos e Nerea, Leila e Marcos como subcampións. 

    Na clasificación final por clubs, o Deportivo Miño-Teixugos foi segundo por detrás do Tea de Mondariz, o Montaña Quixós de Monforte foi terceiro. 


 










domingo, 22 de septiembre de 2024

LUÍS FERNÁNDEZ, LAURA ALONSO E EMILIO RODRÍGUEZ CAMPIONS GALEGOS DE SLÁLOM

Esta fin de semana tivo lugar en Dumbría o Campionato Galego de Slálom e Caiac Cross con grandes resultados para o Club Deportivo Miño-Teixugos. O Campionato, a máis importante das competicións da liga galega, comezou o sábado con slálom e rematou o domingo con caiac cross. 

En slálom, C1 sénior, Luís Fernández fixo o mellor tempo, gañando o ouro, e, Brais Castro foi sexto. Luís tamén participou en K1 sénior onde rematou quinto, na mesma categoría, Antón Aparicio, foi décimo quinto. Emilio Rodríguez, en K1 veterano, tamén se impuxo aos seus contrincantes, acadando o ouro. En K1 Júnior, Brais Álvarez foi décimo. E en K1 sénior, Laura Alonso gañou o ouro e Laura Soutelo o bronce. Gran balance en slálom para os teixugos con tres campións galegos nas súas filas. 

 O domingo foi o turno para o caiac cross, a nova modalidade olímpica. Na categoría sénior masculina, Luís Fernández rematou segundo e Antón Aparicio terceiro, prata e bronce para os dous teixugos. Na categoría sénior feminina Laura Soutelo tamén conseguiu a prata. Brais Cambra, en júnior masculino, acadou as finais e rematou cuarto. 

Na clasificación xeral por equipos, o Club Deportivo Miño-Teixugos, rematou cuarto en slálom e terceiro en caiac cross. 


 








O TEIXUGO MANU OCHOA PECHA A UNHA TEMPADA HISTÓRICA NA COPA DO MUNDO DA SEU

Ao longo desta semana estívose celebrando na canle da Seu D´Urgell a Copa Final do Mundo de Slálom e Caiac Cross, competición coa que se pecha a tempada internacional destes deportes. Nela estivo Manu Ochoa, do Club Deportivo Miño-Teixugos, como parte do equipo español. 

Comezou a súa participación o xoves, na modalidade de slálom, coas clasificatorias nas que acadou praza nas semifinais no primeiro intento. Xa nas semifinais, fixo unha boa baixada, pero non conseguiu estar entre os dez primeiros, quedando fóra das finais. Rematou vixésimo cuarto dun total de sesenta e seis deportistas. 

O domingo foi o día para o caiac cross, Manu empezou moi ben na contra reloxo ao acadar o quinto posto, a tan só medio segundo do primeiro clasificado. Este gran tempo permitiulle encabezar a súa eliminatoria, que gañou con facilidade. Non tivo tanta sorte en cuartos de final, pois unha loita na porta un deixouno en último lugar da súa serie. Rematou esta Copa do Mundo en décimo cuarto lugar. 

Remata aquí unha gran tempada para o teixugo Manu Ochoa, na que fixo historia ao gañar unha praza olímpica e na que demostrou atoparse entre os mellores do mundo da modalidade de caiac cross, modalidade que está gañando cada vez máis adeptos.

Foto de Marc Etxaniz