Este domingo as augas do Ulla ao seu paso por Padrón acolleron unha Copa Galega de Slálom. Deportistas das categorías sénior e júnior dos clubs galegos acudiron a medir as súas forzas.
O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu á cita con cinco deportistas.
Alba Soutelo gañou tanto en caiac como en canoa sénior feminino.
Iván Cruz conseguiu o bronce en C1 júnior. Catalina Sánchez tamén foi bronce na mesma categoría, pero feminina.
E dous novos bronces para o club en K1 júnior para Izan Vicente en masculino e Beatriz Sánchez en feminino.
Na clasificación por clubs os Teixugos remataron terceiros.

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario